Inicio Noticias Infantís INFANTÍS. NUMANCIA, 3 - R. SAN PEDRO, 2
 
 

INFANTÍS. NUMANCIA, 3 - R. SAN PEDRO, 2

 VITORIA XUSTA, POR OCASIÓNS

Costou máis do esperado gañar este partido

Ares, 12 de novembro de 2011

Partido correspondente á segunda xornada de liga disputado en Prados Vellos, con estas alineacións:

NUMANCIA: Adrián; Raúl, Óscar, Nico, Pablo; Piñeiro; Emi, Fran F, Luís; Antón e Ían. Foron entrando no campo ao longo do partido: Antonio, Seijas, David, Alexis e Lemos

R. SAN PEDRO: Manuel; Sergio, Javier, Adrián, Cristian, Borja, Jesús, Andrés, Aarón, Juan e Abrau. Entraron máis tarde: Carlos, Jassine e Enrique.

ÁRBITRO: Rodrigo Fernández Pita.

GOLES:

0 - 1 (m.16): Indecisión na defensa aresá que aproveita Juan para, diante de Adrián, enviar ao fondo das redes.

1 - 1 (m: 35) Ao saque de córner, Fran cede a Piñeiro que lanza un centro chut que supera por alto ao porteiro visitante.

2 – 1 (m. 60): Internada de Antón que, cando todos esperaban un centro atrás, decide tirar a portería e sorprende ao porteiro polo poste que tiña que cubrir.

3 – 1  (m.70): Emilio, en xogada persoal, no borde da área, dispara raso e colocado a un poste.

3 – 2 (m. 75): Penalti a favor do San Pedro. Lanza Juan forte e colocado.

COMENTARIO: Partido estraño, cunha primeira parte moi frouxa, con máis dominio do Numancia e tamén con algunha ocasión de gol desaproveitada, pero en xeral, moi pouco xogo. Produciuse certa progresión na segunda parte, con máis control e tamén máis ocasións dos locais que se adiantaron cun tres a un que parecía resolver o partido, aínda que nos últimos minutos se complicou, poñéndolle un pouco de suspense ao resultado. En definitiva, pouco xogo, ocasións desproveitadas e tres puntos.

 Preguntado o adestrador local, Toni, ao final do partido, comenta que "estou moi satisfeito do esforzo de todos os chavales. Apréndese máis destes partidos reñidos nos que hai que estar atentos e concentrados ata o último minuto, que doutros nos que gañas con moita facilidade".

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.