INFANTÍS. NUMANCIA, 0 - EUME, 6

 SUPERIORIDADE DO EUME

Os tres goles da primeira parte xa sentenciaron esta eliminatoria, reflectindo unha manifesta superioridade do Eume

.Ares, 22 de outubro de 2011

Partido de cuartos de final da copa ferrolá, eliminatoria que se disputaba a partido único e que con este resultado lle dá a clasificación ao Eume.

NUMANCIA: Fernando (Antonio); Raúl, Pablo (Luis), Óscar, Nico (Miguel); Piñeiro, Emi, Fran (Íam), Carlos; Sergio (Alexis) e Antón.

EUME: Jaime; Iván, Michel, Raúl Pociña, Cristian, Pablo, Raúl Bouza, Chema, Jose, Dani e Pauli. Tamén xogaron Alejo, Chao, Roa, Álvaro e Diego.

ÁRBITRO: Daniel García Roibal.

GOLES:

0 - 1 (m.15): Trallazo desde o borde da área de Dani.

0 - 2 (m. 30): Internada de Jose desbordando por velocidade á defensa local e plantándose diante de Fernando que nada pode facer para evitar o gol.

0 - 3 (m.40):  Remate de Jose dentro da área pequena.

0 - 4 (m. 52): Dani, en xogada individual, saca un forte disparo.

0 - 5 (m. 55): Falta directa que rexeita Antonio, indo o balón para Pauli que envía ao fondo das redes.

0 - 6 (m. 72): Dani de potente disparo.

 

COMENTARIO: Prevíase a superioridade eumesa e quedou patente desde os primeiros minutos con constantes e perigosas chegadas da dianteira visitante que non se traduciron en gol grazas ás boas intervencións da defensa e porteiro numantino. Mais o gol tiña que chegar, o Eume era o dono absoluto do partido, controlaba todas as zonas do campo, e o Numancia apenas superaba o medio campo. Era cuestión de tempo e aos quince minutos un excelente disparo do dianteiro eumés venceu a resistencia local. Con este gol pouco cambiou no partido, pois os locais continuaron plantando cara ao rival pero xa coa sensación de ter un xigante enfronte. Magnífica impresión deste infantil do Eume, presentando un equipo moi equilibrado con xogadores de alto nivel, tanto física coma tecnicamente e que seguramente lle darán moitos triunfos á entidade.

O Numancia terá que descansar unha semana, á espera do inicio da competición ligueira dentro de quince días.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.