Inicio Noticias Infantís INFANTÍS. NUMANCIA, 5 - ÁNIMAS, 2
 
 

INFANTÍS. NUMANCIA, 5 - ÁNIMAS, 2

 A CUARTOS!!

Esta vitoria asegura o pase do Numan para a seguinte fase da copa

.Ares, 12 de outubo de 2011

O empate a dous goles ao finalizar a primeira parte daba certa intranquilidade ante os segundos corenta minutos pero nesta ocasión o equipo respondeu con tres goles que afundiron aos ferroláns.

NUMANCIA: Antonio (Fernando), Raúl (Alexis), Óscar, Fran M., Pablo (Alfredo), Emi, Miguel, Fran, Carlos, Antón e Sergio (Rañales).

ÀNIMAS: Borja, Ando, Alejandro, Mario, Alejandro, Diego, Jiménez, Álvaro, Cristofer, Bruno, Manuel. Entraron na segunda parte: Unai, Miguel, Yago e Rubén.

ÁRBITRO: Rodrigo Serrano Naveiras. Amoestou a Diego e Miguel por protestar e a Cristofer por derrubar a un contrario.

GOLES:

1 – 0 (m.15): Gran pase interior de Fran que deixa a Sergio só diante do porteiro para que envíe a gol.

2 - 0 (m. 19): Outro excelente envío de Fran, nesta ocasión centrando ao segundo poste no que Carlos, entrando en carreira, remata de primeiras.

2 - 1 (m.24):  Bo remate de cabeza de Cristofer picando o balón no saque do córner.

2 - 2 (m. 29):Jimenéz intercepta un pase cando o Numancia intentaba saír xogando desde a defensa, e tras unha excelente carreira desfacéndose de varios contrarios, encara a Antonio e dispara raso, conseguindo un extraordinario gol.

3 - 2 (m. 49): Penalti sobre Antón que el mesmo transforma.

4 - 2 (m. 60): Sergio encara á defensa ferrolá e tras varios amagos e recortes consegue un gran disparo que sorprende a Unai.

5 – 2 (m. 63): Balón en profundidade para Sergio ao que se adianta Unai, saíndo da súa área e despexando con forza, mais coa mala sorte de que o balón golpea nas costas de Sergio e toma dirección da portería visitante. Houbo uns segundos de suspense por se a defensa chegaba antes de que o balón entrara na portería. Finalmente, o balón cruzou a liña de gol.

 

COMENTARIO: Comezaba o partido coñecendo a importancia do resultado, pois ao Numan chegáballe un punto para obter a clasificación para a seguinte eliminatoria copeira. E púxose ben o partido cos dous primeiros goles que facían xustiza ao mellor xogo local. Parecía que ía resultar fácil conseguir a vitoria pero aínda quedaban moitos minutos por diante e o Ánimas alcanzou o empate en dúas xogadas que amosaron a falta de agresividade e contundencia nos locais: un córner no que non saltou ningún defensa local e unha perda de balón na saída (virtude, que non defecto, deste Numan que sempre quere combinar). Volta a comezar de novo, e así o fixeron os locais, creando catro claras ocasións de gol que non se transformaron de milagre. Unhas veces a falta de puntería, outra o traveseiro e tamén uns remates frouxos, impediron que o Numan chegase ao descanso con vantaxe.

Na segunda parte todos estabamos convencidos (vistos os partidos anteriores) de que ía resultar complicado sacar adiante o partido. E máis cando nos primeiros minutos o Ánimas perdoou unha clarísima oportunidade para adiantarse cun terceiro gol que puido ser decisivo. Pero hoxe non, esta mañá o Numancia tamén foi superior nesta segunda parte, amosando funcionar coma un colectivo no que cada xogador coñece as súas funcións. Cos cambios tamén houbo unha recolocación de Emi, encargado de vixiar os movementos de Jiménez, o xogador máis determinante do Ánimas. E, como non, a falta de puntería da primeira parte deixou paso a un magnífico disparo de Sergio que case sentenciaba o partido, deixando moi tocados aos rapaces do Ánimas, afundidos totalmente co desgrazado quinto gol, marcado en propia porta.

Con este partido, os locais finalizaron en primeira posición neste grupo ao que lle falta por disputar un intrascendente Ánimas – Cedeira. Aproveitando o descanso deste sábado, e para non perder ritmo de competición, teremos un amigable en Prados Vellos este vindeiro sábado, 15 de outubro, ás 11.00 h., no que o rival será un posible rival en cuartos, O Val. Ademais, ese mesmo sábado, ás 11.30 h. celebrarase unha reunión coas familias dos rapaces na que se abordarán temas deportivos, económicos, de convivencia, ...

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.