Inicio Noticias Infantís INFANTÍS. CEDEIRA, 2 - NUMANCIA, 4
 
 

INFANTÍS. CEDEIRA, 2 - NUMANCIA, 4

 VITORIA MERECIDA CON DÚAS CARAS

Con 1 – 3 no descanso, houbo que sufrir ata o final ante un Cedeira que porfiou por acurtar distancias ata o último minuto.

Ares, 8 de outubo de 2011

Partido decisivo para lograr o pase á seguinte fase da copa e vitoria para os aresáns que lles permite depender de si mesmos para conseguir o primeiro posto no grupo. Pola contra, o Cedeira xa queda sen opcións.

NUMANCIA: Adrián; Raúl (Alexis), Óscar, Nico (Antonio), Pablo (Luis); Emi, Piñeiro (Iam), Fran, Carlos; Antón e Sergio.

CEDEIRA: Canosa; Julián, Martín, Óscar, Miguel Novais, Brandan, Miguel, Antonio, Jiménez, Agustín e Fran. Tamén xogaron: Pedro, Daniel, Yalo e Brais.

GOLES:

0 – 1 (m. 4): Magnífico pase de Fran para Antón que engancha un preciso disparo superando ao porteiro local.

0 – 2 (m. 19): Boa internada de Carlos polo centro cedendo o balón para Sergio, quen, con tranquilidade, envía o balón lonxe do porteiro.

1 – 2 (m.32): Falta lateral lanzada por Jiménez que non pode chapar Adrián, tras darlle un bote moi cerca.

1 – 3 (m. 37): Xogadón de Emi penetrando ata a liña de fondo desde onde centra para que Antón só teña que empuxar o esférico ás redes.

2 – 3 (m. 43): Lanzamento de falta directa de Miguel que supera a Adrián por alto, aínda que chega a tocar o balón.

2 – 4 (m. 48): Falta directa con disparo raso de Fran e rexeite da defensa local que acaba co balón nos pés de Emi para que este consiga o cuarto gol.

COMENTARIO: Coma na xornada anterior, o Numancia presentou dúas caras neste choque. Repetiuse un pouco o partido disputado en Ares e puidemos observar coma a formación aresá controlaba o xogo durante os primeiros corenta minutos, creando moito perigo polas bandas, especialmente na dereita cun Emi poderoso. O equipo visitante quería tocar o balón evitando rifalo e ás veces ata chegaba á area local pero faltaba un pouco de contundencia mentres que o Cedeira só puido entrar na área contraria en dúas ocasións, unha delas o gol.

Outro cantar foi a segunda parte. Quizás sexa o cansanzo dalgúns xogadores ou mesmo os cambios que se producen necesariamente para que todos os rapaces teñan minutos. O caso é que Toni realizou tamén cambios de posicións dun par de xogadores, reestruturando o equipo para poder continuar co control do xogo. Aínda así, fíxose moi longa esta segunda metade e os centrocampistas aresáns tiveron dificultades para seguir mandando na súa zona.

Agora só resta o partido co Ánimas (mércores, 12 de outubro, ás 11. 00 h. en Prados Vellos) para asegurar a primeira posición na clasificación. Pero tranquilos, xa comentou un siareiro numantino que “o día do Pilar e en Prados Vellos, non hai problema, vitoria segura”. Aí estaremos todos, incluídos os pais e nais que hoxe animaron aos seus fillos (algúns, “o núcleo duro”, de maneira máis ruidosa). Queda moito traballo e moitos erros que pulir pero sabemos que están ben encamiñados.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.