INFANTÍS. NUMANCIA, 2 - CEDEIRA, 2

 REPARTO DE PUNTOS

Outro empate neste grupo que deixa todo por decidir.

 

Ares, 1 de outubro de 2011

Empate final nun partido marcado pola alta temperatura, que condicionou aos xogadores dos dous equipos.

 

NUMANCIA: Fernando, Raúl, Óscar, Fran M., Pablo, Piñeiro, Miguel, Emi, Fran F, Carlos, Antón. Foron entrando no campo ao longo do partido: Antonio, Seijas, Alfredo, Rañales e Ían.

 

CEDEIRA: Canosa, Míguez, Óscar, Antón, Adrián, Fran, Brandán, Antonio, Agustín, Miguel e Dani. Na  segunda parte entraron Pedro, Antonio, Pedro e Martín.

 

ÁRBITRO: Manuel Bejarano Estepa.

 

GOLES:

1 – 0 (m.16): Centro de Emi desde a banda dereita ao segundo poste onde Carlos empalma, fusilando a Canosa.

2 - 0 (m. 50): Penalti sobre Antón que materializa Fran F.

2 – 1 (m. 55): Miguel remate desde o punto de penalti un balón centrado desde a esquerda.

2 – 2 (m. 66): Miguel lanza un penalti sinalado á defensa local, por dar ao balón coa man.

 

COMENTARIO: O Numancia deixou escapar unha boa oportunidade para distanciarse na cabeza do grupo. Tras uns 55 m. de control do partido, con moitas chegadas á area do Cedeira e con ocasións para conseguir algún gol máis, viu como o equipo visitante empataba o partido en 10 m.

 Nos últimos vinte minutos tanto o Numancia coma o Cedeira puideron conseguir o terceiro gol.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.