Inicio Noticias Infantís INFANTÍS. TROFEO "LAR DE PICAS". NUMANCIA, 3 - G. MUGARDOS, 0
 
 

INFANTÍS. TROFEO "LAR DE PICAS". NUMANCIA, 3 - G. MUGARDOS, 0

MERECIDA VITORIA E GOLES DE PRIMEIRA NO TORNEO "PICAS"

Os xogadores adestrados por Toni buscaron sempre o xogo combinativo.

 

Ares, 4 de setembro de 2011

Partido entretido e vitoria para os locais, despois dunha boa segunda parte que lles permitiu conseguir o Trofeo Picas

 

NUMANCIA: Adrián, Raúl, Óscar, Nico, Pablo, Carlos, Miguel, Alexis, Piñeiro, Antón e Sergio. Foron entrando no campo ao longo do partido: Fernando, Ían, Emi, Luis, Seijas, Alfredo e Fran.

 

GALICIA MUGARDOS: Álex Yáñez; Gabriel, Brais, Jorge, Mario, Martín Amado, Álex Fernández, Jose, Antón, Pablo Cartelle e Adán. Tamén xogaron: Evaristo, Dani Domínguez, Jota, Diego, Martín Cortizas e Sergio.

 

ÁRBITRO: D. Francisco Pita Lorenzo da Delegación de Ferrol.

 

GOLES: Sergio (2) e Antón.

 

COMENTARIO: Gran ambiente en Prados Vellos coa presenza dos Pimos e remeiros aresáns que prolongaron unha xornada festiva iniciada ás once da mañá cun partido de fútbol coma clausura da temporada de traiñas. Os seus ánimos para os rapaces do Numancia escoitábanse fóra de Prados Vellos e a súa alegría vaticinou as dúas vitorias obtidas na tarde do sábado.

O partido de infantís comezou cun tanteo por parte dos dous equipos e o público asistiu a unha primeira parte de fútbol correcto pero quizás faltaba un pouco de chispa. Os equipos estaban ben situados no terreo e os rapaces intentaban combinar mais o balón estaba moi lonxe das porterías. Na segunda parte chegaron os goles aresáns e outra boas ocasións de gol, dándolle ao partido a vistosidade da que carecera ata entón. Cómpre salientar a brillantez dos dous primeiros goles, materializados tras dúas excelentes xogadas: o primeiro gol vén precedido dun maxistral pase en profundidade de Fran sobre Emi, quen entrando na área regalou o gol nun magnífico pase atrás; o segundo gol nace nunha xogada de estratexia, un saque de córner que pemite a Carlos centrar o balón á área e alí emerxeu Antón cabeceando marabillosamente ao fondo das redes. O Numancia dominou o partido e gañou merecidamente o torneo, ofrecendo unha boa imaxe e declarando cales van ser as súas intencións para esta temporada: control, pase, desmarque, paredes, desdobramentos, ... e outros conceptos tácticos e técnicos básicos e necesarios para a formación futbolística destas idades, procurando sempre a progresión individual e colectiva, por riba dos resultados. Estamos convencidos de que o traballo de Toni dará os seus froitos dentro desta liña de actuación.

Ao remate do partido, Picas e Manuel entregaron os trofeos deste clásico aos capitáns dos dous equipos.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.