Inicio Noticias Infantís INFANTÍS. SORTEOS DE LIGA E COPA
 
 

INFANTÍS. SORTEOS DE LIGA E COPA

 A COPA COMEZARÁ O 17 DE SETEMBRO

Ánimas e Cedeira son os rivais do Numancia na competición de copa.
Ares, 17 de agosto de 2011
Onte á tarde celebráronse no local da delegación ferrolá de fútbol os sorteos correspondentes de liga e copa da temporada 2011-12.
 
Esta temporada a comarca ferrolá presenta 26 equipos de categoría infantil nunha competición de liga que comezará o 6 de novembro e rematará o 12 de maio. Os dous grupos da segunda autonómica infantil quedaron formados polos seguintes equipos:
 
Grupo 4º: Eume, Escola R. Ferrol, Neda, Maniños, Narón B, Ortigueira, G. Caranza B, San Sadurniño, G. Mugardos, Cedeira, Val, Meirás e Portuarios B
 
Grupo 5º: Ánimas, Cebarca, Miño, As Pontes, Perlío, Amistade Meirás, Narón, Barallobre, Portuarios, Numancia, Escola G. Caranza, R. San Pedro e R. Ferrol.
 
A continuación celebrouse o sorteo de copa, competición que comezará o 17 de setembro. Nunha primeira fase, creáronse oito grupos dos que sairán os oito equipos clasificados para cuartos de final.
Grupo A: Narón B, Maniños, As Pontes e Eume.
Grupo B: Escola G. Caranza, Perlío, San Sadurniño e Cebarca.
Grupo C: Portuarios B, R. Ferrol e Miño.
Grupo D: Neda, Barallobre e Escola R. Ferrol.
Grupo E: Numancia, Ánimas e Cedeira.
Grupo F: Ortigueira, Meirás e G. Caranza B.
Gupo G: R. San Pedro, Amistade Meirás e Val.
Grupo H: G. Mugardos, Narón A e Portuarios.
 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.