INFANTÍS:NUMANCIA,8 - CEDEIRA, 0

Encontro de tramite para o Numancia.

Sábado, 21 de febreiro de 2009.

Ramón.

 

S.D.R. Numancia de Ares. Infantiles. Temporada 2008-2009. Numancia - Cedeira.CATEGORIA de INFANTÍS

NUMANCIA, 8 - CEDEIRA, 0.

 

ALINEACIÓNS:

NUMANCIA: Pepe, Roque, Miguelito, Adrián, Dario (Juan, m. 32), Xaime (Juan Carlos, min 56), Javier (Andrés, m. 41), Quique, Edu, David e Ricardo (Alejandro, m. 41).

CEDEIRA: Manuel, Adrián, Bruno, Pablo, Gonzalo, Alejandro, David, Arturo, Victor (Alberto, m. 41), Fernando e Sergio.

ARBITRO: David Sierra Pereiro.

 

GOLES:

1 - 0 (m. 10): Balón rifado na área que é aproveitado por Javier para envialo ao fondo das mallas.

2 - 0 (m. 14): Edu ao aproveitar un balón rexeitado polo gardameta a disparo de Javier.

3 - 0 (m. 30): Quique de fortísimo disparo dende a frontal da área que sorprende ao gardameta por alto.

4 - 0 (m. 38): Quique colga o bolón na área ao saque dunha falta, Edu controla e bate por baixo ao gardameta.

5 - 0 (m. 57): Quique bota un corner en curto sobre Roque, que lle devolve de tacón, intérnase na área, e sen apenas ángulo de tiro, de fortísimo disparo a media altura coloca o esférico entre o gardameta e o pau.

6 - 0 (m. 62): Roubo de balón de Quique en medio campo, monta un rapidísimo contragolpe que colle por sorpresa á defensa do Cedeira, pase en profundidade a Edu, que só ten que empurrar o esférico ao fondo das mallas.

7 - 0 (m. 66): Pase en profundidade de Quique que gaña as costas da defensa, Edu controla e bate por baixo ao gardameta.

8 - 0 (m. 71): Centro de Quique á área, a defensa cedeirenre non acerta a despexar, Edú máis vivo controla e bate por baixo ao gardameta.

 

COMENTARIO:

Espléndida e soleada mañá a que se gozou o sábado en Prados Vellos onde se celebraba a 24ª xornada do campionato de liga infantil que enfrentaba ao Numancia e o Cedeira.

Exerceron de capitáns Edu e Gonzalo.

Na primeira metade, o Numancia moi metido no encontro e con un xogo intenso dende o asubío inicial, arrincóu aos cedereirenses na súa área, o que propinou que crease numerosas ocasións de gol, das cales algunhas os dianteiros non puideron materializar. Pola contra os cedeirenses en poucas ocasións lograron pisar a área numantina e practicamente todos os seus contraataques morreron nas botas dos defensas aresáns. Esta superioridade manifesta dos locais permitiulles irse aos vestiarios cunha clara vantaxe no marcador.

Na segunda metade os aresáns comezaron excesivamente relaxados, circunstancia que foi aproveitada polos cedeirenses para desenvolver os seus mellores momentos do encontro, creando durante o primeiro cuarto varias ocasións de gol, na que a máis clara foi un disparo ao travesaño. Os visitantes animados viñéronse arriba, pero os numantinos cun xogo baseado en contraataques rápidos e balóns en profundidade, pronto lograron repregar de novo a os cedeirenses, tomando de novo o control do encontro.

No Numancia é de destacar o bo labor realizado por todos a nivel colectivo, se ben é de salientar a actuación de Quique, Edu, Roque, Adrián e Dario (que ata á súa lesión no m. 32 estaba a realizar un bo encontro).

No equipo visitante o seu xogador máis revulsivo foi Alberto que mantivo en xaque á defensa numantina durante boa parte da segunda metade.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.