Inicio Noticias Infantís Infantiles: Ánimas, 3 - Numancia, 3 (8-9) Por Penaltis
 
 

Infantiles: Ánimas, 3 - Numancia, 3 (8-9) Por Penaltis

football.pngAres luciu ás súas estrelas.

Gran Final da Copa Delegación de Ferrol en categoría infantil que mediu ó Numancia co Ánimas no campo de herba natural de A Gándara ante préto de 300 espectadores.
Ó descanso chegouse con empate a un, o remate con empate a tres e o Numancia impúxose nos penaltis por 9 a 8.

 A Gándara 2. Ferrol. 11/06/2011

Aliñacións:
SDR Ánimas: Carlos (Unai 41‘) , Rodrigo, Dieguito, Pablo Montero, Brais, Ángel, Fran (Mario 62‘), David, Pablo Janeiro (Alex López  71‘), Matías (Diego San Martín 67’) e Abraham.
ADR. Numancia de Ares: Kike, José Manuel (Emilio 40’), Alberto, Sergio Rodríguez, Marcelo, Martín, Andrés Novoa (Sergio Rico 80’), Miguel (Óscar 64’), Iván e Ángel.

Árbitro: D. Adrián González Franco auxiliado nas bandas por D. Ramón Cajete de la Vega e Pablo A. Cerdá Gallegos. Amoestou con cartón amarelo ós xogadores David (SDR Ánimas) e a Alberto (ADR Numancia) .

Goles: Matías, Abraham e Diego San Martín polo Ánimas e Ángel (3) polo Numancia.

Sábado 11 de xuño de 2011, 11:25 da maña. Saían o terreo de xogo os dous equipos xuntos, e tamén o trío arbitral. Saudábanse no medio do campo mentres a gran afección presente aplaudía sen parar. Nesa afección, como non podía ser doutra maneira, predominaba a cor vermella. A MAREA VERMELLA acudiu en gran número o campo de A Gándara. Rapazas xóvenes e non tan xóvenes, xogadores e adestradores das outras categorías do Numancia, pais, irmáns nais, avós e demais familia... xunta directiva... todos xuntos formaban unha gran Marea Vermella dando colorido ás bancadas e alento e apoio ós grandes protagonistas deste día, ós xogadores do Numancia infantil.

As 11:30 daba comezo a gran final. Os numantinos saían moi metidos no partido, tendo dúas claras ocasións de gol, aínda que sin acerto. O Ánimas espertaba do seu letargo e na súa primeira chegada á portería numantina conseguía o 0 - 1 no minuto 5 de xogo, un desborde de Dieguito con centro ó área para que dende atrás consiga anotar  Matías. Duro golpe para ó Numancia, pero quedaba todo o partido por diante. A Marea Vermella deu folgos a uns numantinos que recuperaban o timón do partido co paso do tempo. Co partido roto, de ida e volta, sucedíanse as ocasións nas duas porterías. Por sorte, unha xogada individual de Iván termina cun balón solto que o goleador desta final, Ángel aproveitaba para establecer o 1 - 1 no minuto 30 de partido. Igualábase a final, era xusto. Ata ó descanso, poidemos ver máis ocasións e moito esforzo por parte dos equipos, pero non se moveu o marcador, chegando o intermedio co resultado xa coñecido de 1 - 1.

Na segunda metade, saíu moito mellor ó Numancia. Os 25 primeiros minutos da reanudación foron dos de Ares. Dominio do partido e bo xogo traducido en múltiples ocasións. No minuto 53 do encontro o extraordinario interior esquerdo  numantino Carlos dispara dende fóra da área. Ese disparo rebota en... , por suposto en Ángel que moi atento metera á perna para desvíar ese mísil envíado por Carlos, conseguindo desa maneira desvíar a traxectoría do esférico enganando o porteiro visitante para conseguir o 2 - 1. Posteriormente, no minuto 60 de partido, unha falta sacada por Martín e cabeceada por Miguel. O cabezazo de Miguel chega ós pes do goleador Ángel, que empurra o balón ó fondo das mallas visitantes, establecendo o 3 - 1 no marcador. Con ese resultado chegaba a euforia na parroquia numantina. Pena de non sentenciar ó encontro coas ocasións que sucederon ós goles. Nisto do fútbol xa sabemos, o que perdoa o paga, e mais nunha final. Nos últimos 15 minutos de partido, ó Ánimas buscou o empate con descaro. Chegaban ós nervios e o cansazo no Numancia. Conseguían os ferroláns o 3 - 2 no minuto 70 de xogo. Un penalti de Alberto sobre Dieguito e transformado por Abraham. Os ferroláns seguían asediando e a 7 minutos para ó final, ó Ánimas conseguia o definitivo 3 - 3 nunha nova xogada de Diegito por banda esquerda con centro ó area para de Diego Sanmartín anotara o empate. Incertidume, tensión e nervos ata o final do encontro, ó que se chegaba co 3 - 3 que nos levaría os penaltis.

A tanda de penaltis merece unha mención especial. Cada equipo tivo que lanzar 10 penaltis, so se salvaron os porteiros de lanzar. Unha tanda que comezaba co erro do capitán Berto do Numancia. O Ánimas marcaba e conseguía vantaxe. Pero logo Kike deten o lanzamento dun xogador ferrolán e igualaba a tanda, tendo que ir posteriormete á morte súbita. Nesta tanda destacar a valentía dos xogadores de primeiro ano Carlos, Emilio, Sergio Rico e Óscar que marcaron ós seus penaltis con unha admirable tranquilidade. No lanzamento final, o defensa numantino Sergio anotaba o seu lanzamento e o xogador do Ánimas lanzaba o seu disparo o pau da portería numantina. ¡¡¡CAMPIÓNS¡¡¡

A parroquia numantina era unha festa. Xogadores e afección festexaban no campo de A Gándara ó título copeiro. Abazos, gritos, emoción, ilusión. Unha celebración que tiña o seu momento forte cando o Delegado Federativo en Ferrol, D. Juan Varela entregaba ó capitán numantino Berto o trofeo de Copa. Posteriormente, a celebración seguiría nos vestiarios. Mención aparte á chegada dos nosos xogadores a Ares. Unha gran caravana formouse na entrada aresana, sendo recibida a expedición numantina polo alcalde Julio Iglesias. Esa caravana percorreu as rúas da vila cos claxóns, os globos e ás bufandas dando fe da vitoria do Numancia neste día histórico. Posteriormente, a expedición numantina dirixiuse a Praza Do Numancia para contínuar a súa celebración, onde non faltaron os manteos ós adestradores José Juan e Eloy e ó delegado José Antonio. Bonita maneira de culminar unha gran celebración.

Soamente nos queda dicir o seguinte:

Kike, Agustín, Roberto, Antonio, José Manuel, Alberto, Sergio, Marcelo, Andrés, Miguel, Martín, Carlos, Ángel, Iván, Emilio, Óscar, Rolo, Sergio Rico, Brais, Nico, Miguelín, David Gil, Fran Rañales, Fran Fernández, Tomás, os alevíns Carlos Piñeiro e Antón, José Juán, Eloy e José Antonio.

¡¡¡MOITAS GRAZAS POR ESTA COPA INFANTIL PARA Ó NOSO NUMANCIA¡¡¡

Felicitar tamén a un gran e moi digno rival nesta final, que engrandece máis o título acadado, a SDR ÁNIMAS. Bo papel do equipo ferrolán nesta copa, culminado cunha fermosa final nas que soamente a lotería dos penaltis decidiu que o éxito e título copeiro tivera a ben vir para Ares. ¡¡¡Noraboa SDR ÁNIMAS e a seguir loitando¡¡¡

E por último, agradecer enormemente o apoio incondicional da GRAN MAREA VERMELLA. Este sábado volveuse a demostrar que o Numancia esta moi pero que moi vivo, deportiva e socialmente. A afección numantina nunca falla, e ademais rexuvenécese. Moitas grazas MAREA VERMELLA. Non hai palabras para agradecer o voso apoio.

Agradecer tamén as diferentes institucións, clubs, e persoas do mundo do fútbol que dunha ou doutra maneira fixeron chegar o seu apoio e as súas felicitaciós ó Numancia nesta final de Copa Infantil.

¡¡¡MOITAS GRAZAS A TODOS¡¡¡

¡¡¡SOMOS CAMPIÓNS DA COPA INFANTIL 2010 – 2011¡¡¡

¡¡¡XUNTOS PODEMOS¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

  Noticia da final na web muchacalidad.com acompaña material gráfico.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.