Infantís: Numancia, 4 - San Pedro, 2.

A.D.R. Numancia de Ares. Infantiles 2010-2011. Semifinal Copa Local. Numancia, 4 - San Pedro, 2. Prados Vellos.Finalistas.
Tras unha disputada semifinal fronte ao Racing San Pedro, o equipo infantil  conseguiu o obxectivo de chegar á final da Copa Local. O partido de volta en Prados Vellos finalizou con vitoria local por 4 a 2 (1-1 no descanso).

Prados Vellos, 4/6/2011

Aliñación: Kike (Roberto 79'), José Manuel (Miguelín 80'), Alberto, Sergio Rodríguez, Marcelo, Miguel, Carlos, Andrés Novoa (Emilio 40'), Martín, Iván ( Sergio Rico 74'), Ángel ( Brais 40').

Goles: Iván (3), Carlos.

 

1-0. (12') Saque de esquina que saca Miguel e cabecea na área pequena Iván.
1-1. (18') Erros en cadea defensivos do Numancia que finalizan cunha entrada por banda esquerda e centro á área para que no primeiro pau remate a gol o dianteiro ferrolán.
2-1. (52') Ataque rápido do equipo local chegando o balón á zona esquerda do ataque numantino para que Carlos adentrese na área e eleve o balón sobre a saída do porteiro visitante.
2-2. (57') Balón que queda morto ao bordo da área que aproveita un dianteiro visitante para sorprender de forte disparo á defensa e porteiro local.
3-2. (61') Xogada desde a defensa por banda esquerda con combinación entre Marcelo, Carlos, Marcelo e pase longo a Iván quen no pico da área coloca o balón na escadra oposta para adiantar novamente ao Numancia.
4-2. (73') Balón en contraataque que pon Carlos por longo ás costas da defensa para que Iván en carreira impóñase á defensa e marque ante a saída do porteiro.

Partido moi disputado con imprecisións por ambos os bandos, inicialmente dominou o San Pedro pero repúxose o Numancia que se adiantou no marcador. O San Pedro reaccionou ben e conseguiu a igualada. Ambos equipos dispuxeron de oportunidades que únicamente o fallo dos dianteiros nuns casos e o acerto dos porteiros noutros evitaron que aumentase o marcador. Ningún equipo conseguiu dominar claramente o partido e repartíronse dominio e erros.
O segundo tempo parecía unha copia do primeiro, ata que no minuto 61 un rengueante Iván adiantou aos locais. A partir de aí e aínda que o San Pedro non decaeu o Numancia chegou con maior perigo e dominio até culminalo no minuto 73 co 4-2 definitivo.
En resumo un encontro disputado por ambos bandos polo que hai que felicitar aos dous equipos. Aos visitantes  por presentar sempre batalla e ser uns moi dignos rivais que puxeron as cousas moi difíciles. E lóxicamente felicitar a todos e cada un dos compoñentes do equipo de infantís do Numancia por conseguir o pase á final.
Agora só queda gozar da final fronte o equipo ferrolán da SCDR Ánimas.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.