Infantís: San Pedro, 3 - Numancia, 3

A.D.R. Numancia de Ares. Infantiles 2010-2011. Semifinal de copa Local ida. Racing San Pedro, 3 - Numanci, 3. A Gándara Ferrol.A eliminaroria decidirase en Ares.

Empate a tres tantos no partido de ida das semifinais de copa local de infantís entre o San Pedro e o Numancia. Ao descanso chegouse con empate a un tanto. 

28/05/11 A Gándara (Ferrol)

Aliñación: Kike (Agustín 70'), José Manuel (Rolo 71'), Alberto, Sergio Rodríguez, Marcelo, Miguel (Nico 72'), Carlos, Andrés Novoa (Brais 57'), Martín, Iván e Ángel.

Goles: Carlos, Alberto e Brais.

Amonestacións: Dobre amarela a Iván e amarela a un xogador do San Pedro.

12' Ocasión do R. San Pedro que para Kike.
13' Falta desde o bordo da área que saca Iván estrelando o balón no traveseiro. O rexeite remátao de cabeza Ángel e sácao baixo paus a defensa local.
21' Falta lateral que saca Miguel e Martín remata por encima do traveseiro.
23' Disparo desde a frontal da área de Iván e novamente ao traveseiro.
24' (0-1). Xogada entre Carlos e Iván ao bordo do área con devolución a Carlos para que marque sobre a saída do porteiro local.
25' Indecisión da defensa numantina e clara ocasión do San Pedro.
28' (1-1). Falta centrada ao bordo da área favorable ao San Pedro que executa ben o xogador local establecendo a primeira igualada no marcador.
35' (1-2). Penalti sobre Ángel que transforma Alberto.
40' (2-2). Balón ás costas da defensa visitante e nova indecisión entre defensa e porteiro que aproveita o equipo local para volver empatar.
45' Balón á área pequena que Iván envía ao lateral da rede.
59' (2-3). Apertura a banda dereita sobre Ángel, avanza cara á área e centra para que o recentemente entrado Brais envíe o balón á rede, adiantando novamente aos visitantes.
60' Falta que executa Iván e para ben o meta local despexando a corner. O saque do corner xera tamén moito perigo.
62' Contra do San Pedro con moito perigo para a meta visitante.
65' Falta a favor do San Pedro desde o bordo da área sen consecuencias no marcador.
77' Xogada clave no encontro, Iván comete falta ao bordo da área e o árbitro amoéstao con cartón amarelo. A tensión do partido fai que Iván responda verbalmente ao colexiado, quen volve amoestalo e Iván debe de abandonar o campo.
83' (3-3) Xa no tempo de prolongación nova indecisión visitante que non sae a tapar a entrada dun xogador local que dispara de lonxe batendo por alto a Agustín deixando o definitivo 3 a 3 no marcador.

O Numancia nunca conseguiu asentarse no campo e mostrouse impreciso e nervioso. A pesar de todo dispuxo de moitas ocasións pero non se puideron materializar, pola contra o conxunto local soubo manexar mellor o partido e cortar o xogo visitante conseguindo igualar o marcador até en tres ocasións. A falta de concentración visitante quedou manifesta ao deixarse empatar tanto ao final do primeiro tempo como ao final do partido.
A eliminatoria queda no aire e todo se ha de decidir en Ares. Se o equipo aresán dedícase a xogar e non perde a concentración ten moitas posibilidades de sacar adiante o encontro de volta.

Imaxes do encontro na web do Racing San Pedro

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.