INFANTÍS. EFR FERROL , 0 - NUMANCIA, 10

MÁIS PRETO DAS SEMIFINAIS
Partido de ida da eliminatoria de cuartos de final da copa de Ferrol, disputado no campo da Gándara que parece deixar decidida a clasificación do Numancia para as semifinais.

Ares, 14 de maio de 2011

NUMANCIA: Quique (Agustín, m. 41); Emi, Alberto, Sergio (Miguelín, m. 59), José Manuel; Ángel (Raúl, m. 32), Martín, Miguel, Carlos; Iván e Sergio Rico (Nico, m. 41).

GOLES:
0 - 1 (m.6): Iván remata de cabeza un córner lanzado por Miguel.
0 - 2 (m. 11): Tras recibir un excelente pase de Martín, Carlos eleva o balón por riba do porteiro e, na liña de gol, Sergio Rico empuxa o esférico ás redes.
0 - 3 (m. 49): Xogada individual de Iván  culminada cun disparo forte e raso.
0 - 4 (m. 51): Balón que queda solto na área tras saque de córner, e Carlos, de remate colocado, consegue un novo tanto.
0 - 5 (m. 54): Disparo potente de Martín dende fóra da área.
0 - 6 (m. 62): Remate de Carlos que entre pegado ao poste.
0 - 7 (m. 65): Outro golazo de Alberto, colocando o balón na escuadra.
0 – 8  (m. 77): Nova arrancada de Iván que anota o seu terceiro gol.
0 – 9 (m. 79): Disparo de Carlos, que tamén consegue o seu terceiro gol.
0 – 10 (m. 80): Falta directa lanzada maxistralmente por Martín.

COMENTARIO: Os dous primeiros goles, conseguidos ao inicio do partido, parecían presaxiar unha superioridade absoluta do Numancia, mais, sorprendentemente, deron paso a un dominio e control do balón dos xogadores ferroláns, que facían circular o balón diante da pasividade dos aresáns. Ata o final da primeira parte, os racinguistas deixaron entrever bastante calidade técnica e unha mellor colocación no medio campo, aínda que nunca chegaron a rematar as súas ocasións, pecando de inoperancia ante o marco de Quique.
Na segunda parte xa non houbo opción para os locais e os goles foron subindo ao marcador un tras outro. O Numancia amosou unha fortaleza física moi superior e deixou sentenciada esta eliminatoria.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.