Inicio Noticias Infantís Infantís: Numancia, 9 - Rápido de Neda, 1
 
 

Infantís: Numancia, 9 - Rápido de Neda, 1

A.D.R. Numancia de Ares. Infantiles 2010-2011. Copa Local. Numancia, 9 - Rápido de Neda, 1. Prados Vellos.Pleno na fase de grupos.
Última xornada da fase de grupos da copa e nova vitoria do conxunto aresano que se impuxo por 9 a 1 ao Rápido de Neda. Ao descanso chegouse con vitoria local por 7 a 1. Con este resultado o Numancia finaliza primeiro de grupo con todos os encontros gañados e enfrontarase á E.F. do Racing de Ferrol en cuartos de final. 

Prados Vellos. 7/05/2011

Aliñación: Roberto (Antonio 40'), José Manuel, Óscar (Miguel 40'), Nico, Rolo (Emilio 40'), Sergio Rodríguez, Martín, Marcelo, Carlos Piñeiro (Ángel 47'), Iván e Brais (Miguelín 40').

Goles: Martín (3), Iván (2), Brais (2), Ángel e Marcelo.

Amoestacións: Viron cartón amarelo Sergio Rodríguez polo Numancia e dous xogadores do R. de Neda.

1-0: ( 4'). Entrada por banda esquerda de Carlos Piñeiro ata a liña de fondo e centro á área para que Brais consiga abrir o marcador.
2-0: (17'). Xogada de Martín desde medio campo, entrando polo centro da defensa visitante e batendo ao porteiro de forte disparo desde o bordo da área pequena.
3-0: (21'). Rolo saca o balón xogado desde a defensa pola banda esquerda e dá un pase a Carlos Piñeiro que cede a Martín sobre o círculo central. Martín pon o balón en pase longo a Iván que se adianta á defensa e dispara a porta desde a frontal da área anotanto o terceiro tanto local.
3-1: (28'). A relaxación local permite aos visitantes entrar por banda dereita, chegar á liña de fondo e disparar a porta sorpendendo a Roberto que non pode atallar o balón.
4-1: (29'). Xogada persoal de Ivan que entra en diagonal desde a esquerda e bate ao porteiro na súa saída despois de regatear a varios defensas.
5-1: (32'). Balón longo desde o campo propio de Martín sobre a banda dereita, Marcelo en carreira se adianta ao defensa e porteiro e deixa o balón para que Brais, desde o punto de penalti, anote o seu segundo tanto.
6-1: (33'). Nova xogada persoal de Martín que leva o balón por forza entrando polo centro e disparando desde o bordo da área pequena novamente.
7-1: (35'). Corner que saca Iván e Martín anota entrando ao segundo pau.
8-1: (50'). Xogada de Emilio por banda dereita con centro á área que rexeita a defensa visitante. O rexeite gáñao Marcelo no pico esquerdo da área e desplazandose cara ao centro dispara desde fóra da área anotando o tanto.
9-1: (55'). Balón que pon Iván desde a esquerda  ás costas dos defensas e que Ángel aproveita para pechar o marcador.

O Numancia adaptouse mellor ao forte vento e pronto tomou vantaxe no marcador. Os visitantes quixeron pelexar o partido e aproveitaron un momento de relaxación local para acurtar distancias. A resposta local foi demoledora e deixaron sentenciado o encontro no primeiro tempo co resultado de 7-1.
A segunda metade fíxose longa e apareceron algúns piques e dureza cortada polo colexiado cos cartóns e desde os banquiños con chamadas á orde aos seus xogadores para evitar males maiores. Chegándose ó remate do encontro con normalidade.
Destacar positivamente a participación do xogador alevín Carlos Piñeiro que participou directamente en dous dos tantos do equipo así como en moitas outras xogadas do encontro.
Finalizada a fase de grupos agora veñen as eliminatorias e os numantinos deberán de enfrontarse en cuartos de final á E.F. do Racing de Ferrol, segundo clasificado do grupo segundo. O primeiro partido disputarase na casa dos ferroláns e a volta xogarase en Prados Vellos.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.