INFANTÍS: PORTUARIOS, 0 - NUMANCIA, 7.

O Numancia venceu pero non convenceu.

S.C.R. Numancia de Ares. Infantiles. Portuarios - NumanciaSábado, 14 de febreiro de 2009.

Ramón.

 

CATEGORIA de INFANTÍS

PORTUARIOS, 0 - NUMANCIA, 7.

 

ALINEACIÓNS:

NUMANCIA: Pepe, Miguelito, Miguel Piñeiro, Adrián, Juan (Dario, m. 40), Xaime, Edu, Javier, Ricardo (Alejandro, m. 50), Quique e Roque (Andrés, m. 40).

PORTUARIOS: Julián, Sergio, Daniel, Oscar, Juan, Sergio Cal, Ismael, Adam (Kevin, m. 50), Alejandro, Martín (Sergio, m. 47) e Raúl.

ARBITRO: Juan J. Pita Fragoso.

 

GOLES:

0 - 1 (m. 17): Edu ao transformar un penalti.

0 - 2 (m. 32): Balón rifado na área que a defensa non acerta a despexar, Edu máis vivo faise co balón e envíao ao fondo das mallas.

0 - 3 (m. 53): Saque en longo de Pepe que colle a defensa adiantada, Edu controla, conduce e bate ao gardameta de tiro cruzado.

0 - 4 (m. 60): Xaime de forte disparo dende ou bordo dá área que sorprende por alto ao gardameta.

0 - 5 (m. 62): Edu de xogada individual despois dun robuo de balón non centro do campo.

0 - 6 (m. 67): Quique bota un corner e remate de cabeza de Edu.

0 - 7 (m. 78): Contraataque do Numancia e gol de Quique.

 

INCIDENCIAS:

Esplendida e soleada mañá a que se gozou o sábado en A Gándara onde se enfrontaban o Portuarios B e o Numancia. Pouco público acompañando ao equipo, en parte, debido a que á mesma hora se disputaban encontros doutras categorías inferiores do club e houbo pais que se tiveron que repartir. Exerceron de capitáns Daniel y Edu nun encontro pouco vistoso en canto a xogo, aínda que non, en canto a goles, e onde soamente a falta de acerto dos dianteiros aresáns propicio que a goleada non fose maior.

 

COMENTARIO:

A pesares da goleada o xogo do Numancia non foi moi vistoso, comezaron ben pero remataron desordeados e nalgúns momentos sen as ideas claras. Na primeira parte os aresáns comezaron ben o encontro, con bo toque de balón, control do medio campo e bo xogo de ataque que a medida que avanzou o encontro se foi volvendo desordeado, en parte debido á desesperación. O equipo creaba clarísimas ocasións de gol pero non materializaba. Cabe destacar un disparo de Edu ao pau, varios man a man co porteiro que fallou Ricardo, o disparo a queimarroupa de Javier que enviou o ceo ferrolán, e un remate de cabeza de Xaime ao traveseiro. Os do Portuarios cunha defensa ben plantada, e moita sorte, foron quen de aguantar os envites dos aresáns e na primeira metade só encaixaron dous goles. Pola contra, ofensivamente, en escasas ocasións conseguiron chegar á área numantina. Cabe destacar unha falta no bordo lateral da área que Pepe detivo sen dificultade.

Na segunda metade os ferroláns saíron dende un principio á defensiva, pero os numantinos xa recuperados anímicamente, arrinconáronos na súa área e despregaron un xogo, máis de calidade individual que colectiva, que os ferroláns non foron quen de conter e remataron encaixando cinco tantos máis. Nesta segunda metade os do Numancia tamén volveron a gozar de varias ocasións claras de gol, pero ao igual que acontecera na primeira metade, os dianteiros estiveron faltos de acerto.

É de destacar o bo labor realizado por Edu, Quique, Javier, Miguelito (que parece que se afianza de lateral), Roque (que xogou fora da súa posición habitual) e Andrés (que pouco a pouco vai collendo confianza).

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.