Inicio Noticias Infantís Infantís: E.F.Racing "B", 1 - Numancia, 11
 
 

Infantís: E.F.Racing "B", 1 - Numancia, 11

A.D.R. Numancia de Ares. Infantiles 2010-2011. Copa Local. E.F. Racing de Ferrol B, 1 - Numancia, 11. Aneiros. SerantesClasificados como primeiros de grupo.
O Numancia asegurou matematicamente o pase a cuartos de final como primeiro de grupo ao imporse con claridade á Escola de Fútbol do Racing "B" no campo de Aneiros por 1 tanto a 11. Ao descanso chegouse con vantaxe visitante de 0 a 8. 

Aneiros - Serantes - Ferrol. 30/04/2011.

Aliñación: Antonio; Rolo, Alberto, Sergio Rodríguez (Nico 40'), José Manuel; Martín, Marcelo, Ángel (Carlos 40'), Miguel (Óscar 40'); Iván e Miguelín (Sergio Rico 40').

Goles: Martín (3), Iván (3), Carlos (3), Ángel e Miguelín.

0-1. ( 6') Pase desde a esquerda ao bordo da área para Martín que se interna na área e bate ao porteiro local.
0-2. (13') Internada desde campo propio de Iván que se planta na área e bate ao porteiro de forte disparo que desvía levemente un defensor.
0-3. (25') Ivan entra pola esquerda até a liña de fondo e busca o disparo a porta, o rexeite do porteiro aprovéitao Miguelín.
0-4. (31') Saque do porteiro local que corta Marcelo en banda esquerda e pasa a Iván que desde fóra da área bate á meta ferrolán por alto.
0-5. (35') Saque de esquina de Miguel que remata de cabeza Iván entrando ao primeiro pau e pondo o balón lonxe do alcance do porteiro local.
0-6. (37') Apertura de Iván desde a esquerda cara á dereita, entrada de Ángel por dereita e pase ao bordo da área para Martín que de forte disparo desde a frontal bate á meta local.
0-7. (38') Xogada pola esquerda de Marcelo con pase ao medio para Iván que pon o balón ás costas da defensa permitindo a Ángel encarar ao porteiro e cruzar o balón sobre a súa saída.
0-8. (40') Novo saque de esquina de Miguel sendo agora Martín o que remata no primeiro pau establecendo o 0 a 8 definitivo do primeiro tempo.
0-9. (42') Entrada por banda esquerda de Carlos que finaliza batendo ao porteiro na súa saída.
1-9. (14') Balón desde a esquerda ás costas da defensa do Numancia que aproveita un dianteiro local para bater a Antonio.
1-10.(22') Balón que controla Óscar no centro do campo rival e pon o balón na media lúa para que Carlos finalice sobre a saída do porteiro.
1-11.(27') Novo pase de Óscar ao momento de penalti para que Sergio Rico dispute o balón, o rexeite cara á esquerda aprovéitao Carlos para deixar o resultado definitivo no marcador.

Con este resultado o equipo numantino xa está clasificado como primeiro de grupo matematicamente e a falta do seu encontro fronte ao Rápido de Neda na última xornada desta primeira fase.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.