Inicio Noticias Infantís Infantís: Ánimas, 1 - Numancia, 2
 
 

Infantís: Ánimas, 1 - Numancia, 2

A.D.R. Numancia de Ares. Infantiles 2010-2011. Copa Local. Ánimas, 1 - Numancia, 2. Aneiros - Serantes . FerrolVitoria Traballada.
O Numancia afiánzase no liderato do grupo 4 da Copa Local de Infantís ao imporse por 1 a 2 o Ánimas nun encontro moi disputado e bronco. Ao descanso chegouse con vitoria visitante por 0 a 2.

Aneiros - Serantes - Ferrol. Sábado 9 de abril de 2011.

Aliñación: Kike (Agustín 68'), José Manuel, Alberto, Sergio Rodríguez, Marcelo, Martín, Carlos, Andrés Novoa, Miguel, Ángel (Antón 60') e Brais (Sergio Rico 40') ( Nico 65').

Goles: Carlos e Alberto.

 

0-1.(3'). Balón por banda dereita que Brais cede a Ángel que o eleva sobre a defensa e encara ao porteiro en pugna coa defensa. O balón queda solto e Carlos envíao ao fondo da rede.

0-2.(35'). Penalti sobre Carlos que transforma Alberto.
1-2.(40'). Falta de Alberto ao bordo da área. O disparo repéleo en curto Agustín pero non pode evitar que o rexeite o aproveite un dianteiro local.

Partido moi intenso e disputado con algunhas xogadas bruscas nun terreo de xogo impropio dos tempos en que vivimos. A calor e o irregular terreo de xogo non impediron que ambos equipos puxesen todo o seu empeño para conseguir a vitoria.

O partido púxose de face para os visitantes co temperán gol de Carlos. O primeiro período foi mellor controlado polos aresanos pero víronse  chegadas perigosas por ambos bandos. O xogo bronco e as xogadas polémicas fixeron acto de presenza neste primeiro tempo. Unha desas xogadas propiciou o penalti sobre Carlos que permitiu a Alberto anotar o 0 a 2.

O segundo tempo foi menos duro e o equipo numantino dispuxo de tres claras ocasións para sentenciar o partido. Tamén o Ánimas dispuxo dun par de claras ocasións frustradas pola defensa e sobre todo una que salvou Kike xogándose o tipo ante un dianteiro local. O acoso local foi intenso ao final do encontro conseguindo anotar á saída dunha falta aproveitando o rexeite de Agustín e case conseguen empatar o encontro nun último disparo a porta que Agustín despexou  por encima do traveseiro.

As numerosas baixas nos aresanos fixo necesaria a participación do alevín Antón, que debutou nunha categoría superior sin desentonar.

Na parte negativa lamentar a lesión de Sergio Rico que veuse obrigado a pedir o cambio por unhas molestias nun seonllo.

En resumo un partido intenso e con emoción ao que lle sobraron algunhas entradas e que deixa ao Numancia en primeiro lugar á espera do partido de volta este fin de semana en Prados Vellos onde seguramente voltaremos a ver un encontro moi igualado e intenso.

Reseña del partido en la web del Ánimas

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.