Infantís: Numancia, 11 - E.F. Racing B, 0

A.D.R. Numancia de Ares. Infantiles 2010-2011. Copa Local. Numancia, 11 - E.F. Racing B, 0. Prados VellosGoleada en Prados Vellos.
Primeiro partido do torneo de Copa e contundente vitoria local por 11 a 0 ante a Escola de Fútbol do Racing "B". Ao descanso chegouse con vitoria aresana por 5 a 0.

Prados Vellos , 26 de marzo de 2011.

Aliñación: Kike ( Antonio 40'); José Manuel (Rolo 40'), Alberto, Sergio Rodríguez, Marcelo (Brais 40'); Miguel, Emilio, Andrés Novoa (Martín 58'), Carlos; Iván e Ángel (Miguelín 50')

Goles: Iván (4), Carlos (3), Andrés Novoa (2), Ángel e Martín.

 

 


1-0: (11'). Apertura de Carlos á esquerda no pico da área sobre Iván que se interna e crua o balón ao pau oposto abrindo o marcador.
2-0: (13'). Miguel saca unha falta no medio campo e pon o balón sobre a esquerda ás costas da defensa, Carlos recolle o pase e se interna na área asistindo a Andrés Novoa que entrando pola dereita finaliza a xogada batendo á meta visitante.
3-0: (15'). Balón en longo desde a defensa que disputa Anxo no medio campo permitindo a Andrés  Novoa recoller o balón e internarse na área batendo ao porteiro na súa saída.
4-0: (18'). Contragolpe pola dereita de Iván que pon o balón á área para que Carlos entrardo desde a esquerda finalice a xogada.
5-0: (21'). Forte disparo de Andrés Novoa ao que responde ben a meta visitante, pero o rexeite aprovéitao Iván que estubo moi atento.
6-0: (41'). Balón en longo pola dereita e Ángel regatea ao porteiro e envía ao fondo da rede.
7-0: (45'). Entrada desde fóra da área en xogada persoal de Carlos que finaliza batendo ao porteiro na súa saída.
8-0: (54'). Xogada persoal de Iván que se interna na área e bate ao porteiro por baixo.
9-0: (56'). Centro desde a dereita de Andrés Novoa e Carlos desde dentro da área envía ao fondo da rede.
10-0: (60'). Entrada pola dereita de Iván que en xogada persoal finaliza en gol.
11-0: (68'). Pase de Brais a Martín que se interna na área e de forte disparo bate á meta ferrolán.

O partido comenzou con ocasións claras dos locais que non se transformaron en gol grazas á falta de acerto local e ás boas intervencións da meta ferrolán.
En oito minutos quedou sentenciado o partido, pois os locais marcaron catro tantos entre o minuto 11 ao 18 e os visitantes baixaron os brazos e non puxeron moitas trabas aos de Ares.
Desde o 4 a 0 o partido foi dominado totalmente polo Numancia que seguía dispondo de ocasións, mentres que os ferroláns defendíanse e apenas inquietaban a meta local salvo nun par de ocasións ben resoltas por Kike.
Co 5-0 e un xogo discreto pero efectivo  chegouse ao descanso.
O segundo tempo foi tamén de dominio local cun par de ocasións visitantes facilitada polo xogo relaxado dos locais.
Nesta segunda metade o xogo local foi máis directo e individual.
En resumo unha vitoria fácil ante un rival que aguanto 10 minutos e logo se afundiu ao encaixar os primeiros tantos, aínda que é de destacar  boas intervencións da meta e da defensa visitante que impediron que a goleada fose máis avultada.
Destacar tamén a reaparición de Martín despois da súa lesión.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.