Inicio Noticias Infantís Infantís: Amistade Meirás, 2 - Numancia, 7.
 
 

Infantís: Amistade Meirás, 2 - Numancia, 7.

A.D.R. Numancia de Ares. Infantiles 2010-2011. Amistade de Meirás, 2 - Numancia, 7. Atios Valdoviño.Sentenciaron no primeiro tempo.

Vitoria do Numancia na súa visita a Atios (Valdoviño) onde se impuxo ao Amistade de Meirás por 2 tantos a 7. O primeiro tempo xa rexistrou vitoria visitante por 0 a 6.

Atios (Valdoviño) 26/02/2011

Aliñación: Antonio (Kike 40'); José Manuel, Alberto, Sergio Rodríguez (Nico 40'), Marcelo (Fran Rañales 52'); Miguel, Andrés Novoa (Sergio Rico 59'), Emilio (Brais 57'), Carlos; Iván e Ángel.

Goles: Iván(3), Andrés Novoa(2), Miguel e Ángel.

 

Pronto se adaptaron á superficie do campo de Atios de herba natural e que estaba brando debido á choiva caída durante estes días. No minuto 2 un balón que despexa Alberto dispútao á defensa local Ángel que en carreira bate ao porteiro na súa saída. (0-1).
O Numancia controlaba ben aos locais e as recuperacións de balón convertíanse en perigosos contra ataques. Os de Ares dispuxeron de ocasións para aumentar o marcador pero isto non sucedería até o minuto 21, cando unha recuperación de balón permite a Iván saír desde campo contrario cara á meta rival, Ángel arrastra á defensa cara á dereita e deixa un carril libre para que Iván encare ao porteiro e anote o 0-2.
No 28 unha triangulación entre Marcelo, Andrés con pase a Iván que dispara desde o pico esquerdo da área e con algo de fortuna posto que o balón toca nun defensa anota o 0-3.
O Amistade veu abaixo e  os goles visitantes comezaron a caer. No 30 centro desde a dereita de Ángel e gol de Andrés Novoa que remata a pracer desde a área pequena.
No 32 Alberto saca o balón desde atrás cara á banda esquerda onde Marcelo lanza en longo para Iván que sorprende á defensa local e anota o 0-5.
No 39 balón solto dentro da área que Andrés Novoa controla e cruza ao pau oposto establecendo o 0-6 co que se chega ao descanso.
Neste primeiro tempo Antonio apenas interveu un par de ocasións e sen maior perigo.
A segunda parte saíuse con menos intensidade pero aínda así no 58 Carlos deixa cara atrás un balón  no Bordo da área e Miguel dispara con efectividade batendo ao porteiro local (0-7).
O Numancia reláxase e o Amistade chega algo máis á meta de Kike. No minuto 63 Alberto comete penalti que será aproveitado polos locais para acurtar distancias 1-7.
Comezan as imprecisións e a 5 minutos do final Iván ten que retirarse deixando ao Numancia con dez xogadores. Co partido xa finalizado un centro desde a dereita sobre a área de Kike é rematado polos locais establecendo o 2-7 definitivo.
O partido púxose pronto a favor dos visitantes que sentenciaron no primeiro tempo cun xogo máis efectivo que vistoso e souberon controlar en defensa e xerar perigo en ataque. A gran diferenza no marcador fixo que o xogo na segunda metade fose menos intenso e a raíz do penalti acentuáronse os erros visitantes e permitiron aos locais acurtar distancias e chegar con máis perigo á meta rival.
Nas dúas xornadas que faltan os de Ares xóganse a cuarta praza coas Ánimas, que tras caer derrotado esta xornada,  avantaxa nun punto máis o "golaverage" ao Numancia.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.