Inicio Noticias Infantís Infantís: Numancia, 3 - Rápido de Neda, 2.
 
 

Infantís: Numancia, 3 - Rápido de Neda, 2.

A.D.R. Numancia de Ares. Infantiles 2010-2011. Numancia, 3- Rápido de Neda, 2. Prados Vellos.Case hai sorpresa.

O Rápido de Neda case consegue levar algún punto da súa visita a Prados Vellos. Os locais víronse sorprendidos  no primeiro tempo; ao descanso chegouse con empate a un; conseguiron salvar o resultado, pero non conseguiron convencer.

Prados Vellos. 19/02/2011

Aliñación: Agustín (Antonio 51'); Rolo (Fran Rañales 56'), Emilio, Óscar, Marcelo; Alberto, José Manuel (David 61'), Andrés Novoa, Brais (Miguelín 63'); Iván, Sergio Rico.

Goles: Marcelo (2), Brais.

 

Goles:

0-1: Minuto 9. Tiro desde a esquerda que sorprende polo primeiro pau a Agustín.
1-1: Minuto 36. Lanzamento en globo de Iván desde o pico esquerdo da área, o porteiro visitante rexeita o balón e Brais aproveita para marcar desde dentro da área pequena.
2-1: Minuto 51. Disparo de Andrés que repele o porteiro e Marcelo entrando desde a dereita aproveita para adiantar ao Numancia no marcador.
3-1: Minuto 56. Ocasión de Sergio Rico que encara ao porteiro e non consegue superalo. Marcelo está atento ao rexeite e adiántase á defensa visitante para marcar novamente.
3-2: Minuto 58. Falta que saca o Rápido de Neda desde a dereita e tras múltiples rexeites dentro da área o balón acaba na meta local.

Comentario.
A relaxación coa que os locais afrontaron o encontro acabouse convertendo en ansiedade, desorganización e présas ao ver como os visitantes adiantábanse no marcador e conseguían aguantar o primeiro tempo utilizando ben as súas armas con orde e sen présas.
Os locais volveron mostrar desorganización no xogo, sen control no medio campo e o verse atrás no marcador fíxolles precipitarse no xogo abusando do xogo individual e perder efectividade en disparos afastados sen claridade.
No segundo tempo os visitantes acusaron o cansazo e os locais aproveitaron para chegar máis a porta con dúas ocasións aos paus e acabaron conseguindo a remontada.
O encontro non reflectiu nunca a diferenza existente na táboa, só a superioridade física e unha maior pegada por parte local evitou a sorpresa.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.