Infantís: Eume, 5 - Numancia, 2

S.D.R. Numancia de Ares. Infantiles. Eume, 5 - Numancia, 2. A Gándara Pontedeume.Satisfacción a pesar da derrota.

O Numancia vendeu cara a derrota ante o Eume nun partido cun moi bo primeiro tempo e que unicamente a falta de acerto impediu sacar algo máis positivo. Ao descanso chegouse con vitoria numantina por 1 a 2.

A Gándara. Pontedeume. 12/02/2011.

Aliñacións:

Eume: Marcos (Jaime 40'), Borja (Pablo 40'), Cristian, Sergio( José M. Rodríguez 54'), Pablo, Francisco, Raúl Bouzas (Rául Roia 69'), Alejandro (Óscar 52'), José M. Castro, Daniel e Javier.
Numancia: Kike (Antonio 49'), Emilio, Alberto, Martín (Fran Rañales 65'), Marcelo; Sergio Rodríguez (Rolo 62'), Miguel, Carlos, José Manuel (Sergio Rico 48'), Andrés Novoa e Iván.

Goleadores:

Eume: Pablo, Francisco, José M. Castro, Daniel e Óscar.
Numancia: Iván e Carlos.

Colexiado: Rodrigo Serrano Naveiras

Amoestacións:

Cartón Amarelo a Iván do Numancia por obstaculizar o saque dunha falta no minuto 26.
Cartón Amarelo a Cristian do Eume por facer falta sobre  un contrario no minuto 56.

Encontro disputado na mañá do sábado no campo da Gándara de Pontedeume. O terreo de xogo de area presentaba irregularidades que dificultaron o control do balón.
O partido iniciouse cunha xogada local que tras múltiples rexeites, o balón chega ao bordo da área e un xogador eumés tira en parábola facendo que entre pegado ao traveseiro. Tan só levaban 47 segundos de xogo e os locais adiantábanse no marcador cun balón ante o que Kike non puido facer nada. (1-0)
Lonxe de vir abaixo, como noutros encontros, os aresanos puxéronse a xogar e chegaron con perigo á meta local. Sería no minuto 9 cando unha falta, cometida sobre Iván na frontal da área, é executada por el mesmo e consegue anotar o empate a un.(1-1).
Segue o Numancia esperando ao Eume e presionando a saída dos locais e grazas a unha recuperación no medio campo iníciase por banda dereita un internada de Andrés Novoa con centro á área onde Iván non pode chegar a conectar o disparo pero pode obstaculizar o despexe da defensa para que o balón chegue a pés de Carlos que entra na área e bate ao porteiro local na súa saída. Era o minuto 14 e o Numancia púñase por diante no marcador (1-2).
O partido estaba a ser disputado e as ocasións sucédense nunha e outra portaría destacando un tiro ao pau dos locais e unha clara oportunidade que Andrés Novoa non chega a concretar.
Chégase ao descanso con vantaxe  visitante por 1 tanto a 2.
Na continuación o Numancia sae con intensidade e unha clara ocasión de Iván vaise rozando o pau cando parecía que xa entraba na portaría.
O Eume reacciona e unha entrada por banda dereita no minuto 51, acaba cun disparo a media altura que bate a Antonio que aínda estaba frío pois acababa de entrar ao terreo de xogo.
O Numancia comezaba a acusar o esforzo e  o Eume estaba a acurralalo. A pesar diso seguíase tentando e a intensidade no xogo non baixou.
No minuto 55 unha entrada por banda esquerda dos locais facilita a chegada do balón a un atacante local que estaba sen marca diante de Antonio ao que bate por baixo. Os visitantes reclamaron posición incorrecta do xogador do Eume, pero o tanto subiría ao marcador (3-2).
O xogo seguía sendo intenso e as defensas aplicábanse con contundencia así no minuto 56 unha arrancada de Iván desde o centro do campo é cortada en falta pola defensa local que acabaría vendo o cartón amarelo.
A lesión de Martín e a necesidade buscar a vitoria fixo cambiar o sistema de xogo e arriscar cunha defensa de tres xogadores. Pelexouse o partido pero no minuto 74 unha chegada por banda esquerda con pase ao pico da área oposto permite ao dianteiro local adiantarse a Marcelo e bater novamente a Antonio deixando o 4-2 no marcador.
No 75 un balón ás costas da defensa visitante vólveno a aproveitar os locais para pór o 5-2 definitivo.
A pesar da derrota, o Numancia seguiu plantando cara e puido acurtar distancias nun balón á contra que o porteiro local sacou ao bordo da área con moitos apuros a Sergio Rico.
En resumo o xogo do primeiro tempo foi bo aínda que no segundo perdemos o control no centro do campo. Pero a actitude foi sempre a correcta con entrega e pelexando cada balón. Hai que seguir mellorando o aspecto físico para aguantar mellor os partidos e traballar máis o equipo en organización e conseguir que os rapaces que non saen de inicio sentan que son tamén importantes.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.