Inicio Noticias Infantís INFANTÍS. ÁNIMAS, 6 - NUMANCIA, 2
 
 

INFANTÍS. ÁNIMAS, 6 - NUMANCIA, 2

 SEGUNDA PARTE PARA ESQUECER

Partido disputado no campo de Aneiros, correspondente á décimo quinta xornada da liga.

Ferrol, 21 de xaneiro de 2011

Tarde fría, fría, e terreo de xogo en boas condicións aínda que os nosos non están afeitos a estes campos de terra.

NUMANCIA: Quique (m. 41, Agustín); Emi, Óscar, Alberto, Marcelo (m. 55, Sergio Rodríguez); Miguel, Martín (m. 58, Miguelín); Andrés (m. 62, Tomás), Ángel, Iván e Carlos.

GOLES: Iván e Ángel

1 – 0 (m.13): Balón que perdemos en banda esquerda e lanzamento dun centro-chut que entra pola escuadra.

1 – 1 (m. 23): Iván solta un trallazo desde o borde da área.

2 – 1 (m. 30): Excelente combinación da dianteira local, realizando varias paredes con remate final desde dentro da área.

3 – 1 (m. 34): Internada pola banda esquerda do Ánimas que culmina cun pase á frontal da área, onde un dianteiro local remata a portería, saíndolle un tiro alto, imposible para Quique.

3 – 2 (m. 35): Balón en profundidade de Iván para Carlos, quen chega á liña de fondo e pasa ao centro da portería. Ángel empuxa ao fondo das redes.

4 – 2 (m. 44): Un bote do balón sorprende á defensa aresá e permite que o esférico chegue franco, no centro da área, ao dianteiro local, cuxo lanzamento alto supera a Agustín.

5 – 2 (m. 52): Tiro desde fóra da área que entra polo centro da portería.

6 – 2 (m. 57): Un fallo no despexe permite á dianteira do Ánimas poñer o sexto gol no marcador.

 

COMENTARIO: Despois dunha primeira parte con alternativas e ocasións para os dous equipos, non podiamos imaxinar uns segundos corenta minutos de desastre para o equipo infantil aresán. Fríos quedamos todos e non só polo clima. Seguimos cunha irregularidade absoluta en canto a resultados e tamén en canto ao xogo que se realiza cada fin de semana. Sen control no medio campo, quizás por unha situación de inferioridade numérica, a defensa vese desbordada continuamente; mentres, a dianteira inventa e improvisa xogadas de ataque, principalmente Iván. Pobre impresión deste conxunto, acusando falta de intensidade, pouca concentración e ningunha contundencia. Parece que saímos ao campo para botar unha pachanga, sen garra, sen unha mínima motivación. E o peor é que esta actitude se está contaxiando e estendendo a todos os compoñentes desta categoría, desde os afeccionados ata o corpo técnico. Como non debemos caer na negrura total, sexamos un chisquiño optimistas e fagamos votos para cambiar estas sensacións. E que mellor oportunidade que aproveitar o vindeiro sábado a visita do líder do grupo, o R. Ferrol, para levar a cabo estes propósitos.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.