Infantís: Numancia, 6 - E.F. Galicia Caranza, 2

football.pngVitoria e melloría no xogo.

O Numancia derrotou á Escola de Fútbol do Galicia de Caranza nun encontro que se puxo de cara moi pronto e onde os locais evidenciaron unha melloría no seu xogo. Ao descanso chegouse co  resultado de 3 a 0.

Prados Vellos, 15/01/2011

Aliñación:Agustín (Roberto 40'), José Manuel (Rolo 40'), Alberto, Óscar (Nico 52'), Marcelo (Fran Rañales 53'), Miguel, Carlos, Emilio, Martín; Iván e Ángel (Sergio Rico 48').

Goles: Iván (2), Alberto(2), Ángel e Martín.

O encontro iniciouse con xogo local moi organizado, no medio campo elaborábase o xogo e mostra diso sería o primeiro tanto anotado no minuto 2, cando a saída do balón pola esquerda é taponada ben polos visitantes e Martín decide apoiarse cara atrás en Óscar, éste abre o xogo á dereita sobre Emilio quen pasa sobre Ángel para que consiga inaugurar o marcador batendo ao porteiro visitante na súa saída. (1-0).
O Numancia seguiu tocando o balón e no minuto 5 sería novamente Martín, quen tras un saque de banda pola dereita xa en campo rival, pasa a Carlos na frontal da área e este último mete un balón á área a Iván quen o eleva por riba do porteiro visitante pondo o 2-0 no marcador.
Seguía o dominio local e no minuto 9 Miguel executa moi ben un saque de esquina ao segundo pau onde Martín toca o balón case baixo paus e Alberto envíao definitivamente ao fondo da rede (3-0). Neste tanto os visitantes reclamaron unhas posible mans de Martín.
A partir de aí oo locais baixaron o ritmo pero seguiron chegando á área visitante. Pola súa banda o conxunto de Caranza puido chegar nalgunha ocasión até a meta local, pero sen demasiado perigo. Así se chegaría ao descanso co resultado de 3-0 e con boas sensacións por parte dos de Ares.
Tras o descanso novamente vese a un Numancia ben organizado que os 4 minutos poría o 4-0 nunha xogada onde intervén gran parte dos compoñentes do equipo, Martín no medio campo apóiase en Rolo cara á dereita, Rolo envía por banda a Emilio quen se apoia á súa vez cara a dentro en Miguel. Miguel vírase sobre se mesmo e segue cambiando o xogo cara á entrada de Martín que prolonga cara á esquerda a Marcelo. Marcelo avanza e pon o balón dentro da área a Iván que sae cara a fóra da mesma e acomódase o balón para pór un soberbio disparo que entra pola escuadra esquerda e onde o meta visitante nada pode facer.
No minuto 7, Ángel pon ás costas da defensa un balón para a entrada de Iván quen encara ao porteiro e éste derrúbao dentro da área e pítase o correspondente penalti. O encargado de aproveitalo sería Alberto deixando o 5-0 e o partido sentenciado.
Aos poucos vaise diluíndo o xogo e o partido entra nunha fase onde uns, os locais, xa non están tan intensos e outro os visitantes queren aproveitar a relaxación dos primeiros.
Roberto ten que intervir nalgunha ocasión con acerto e os dianteiros locais teñen tamén ocasións claras. No minuto 27 unha falta cometida sobre Martín é executada perfectamente por Miguel que dende a zona do pico dereito da área pon o balón ao primeiro pau para que Alberto peitee e Martín baixo paus empuxe o balón anotando o 6-0.
Tras este tanto os locais relaxáronse máis e comezaron a notar o esforzo, polo que os visitantes aproveitaron a falta de intensidade para no minuto 28 acurtar distancias grazas a un disparo dende o bordo da área que Roberto non logra atallar. (6-1)
No minuto 33 estableceríase o 6-2 definitivo grazas a unha falta executada polos de Caranza dende o pico esquerdo da área que sorprende a Roberto polo seu pau.
Os últimos minutos o Numancia xogou en inferioridade numérica debido a unha lesión muscular de Martín.
En resumo, melloría no xogo e a destacar o labor do equipo no medio campo que permitiu controlar o partido e xerar xogadas ben levadas que sempre deron sensación de perigo. Finalizar felicitando aos locais polo xogo e a vitoria e aos visitantes polo seu empuxe e non dar por perdido o encontro a pesar de porse axiña co marcador en contra.
 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.