Inicio Noticias Infantís Infantís: San Sadurniño, 2 - Numancia, 5
 
 

Infantís: San Sadurniño, 2 - Numancia, 5

S.D.R. Numancia de Ares. Infantiles 2010-2011. San Sadurniño, 2 - Numanica, 5. A Piscina.Vitoria con xogo intermitente.
O Numancia conseguiu vencer este sábado na súa visita a San Sadurniño nun partido con mellor xogo na segunda que na primeira parte, ao descanso chegouse con vitoria visitante por 0 a 2.

8/01/2011, A Piscina, San Sadurniño

Aliñación: Agustín, Emilio, Alberto, Sergio Rodríguez (Nico 40'), Marcelo, Martín, Miguel (Miguelín 61'), Carlos, Andrés Novoa (David 55'), Iván, Ángel (Sergio Rico 50')

Goles: Iván (2), Ángel, Carlos e Martín.

Nun campo de herba natural algo brando pero en bo estado disputouse o encontro de infantís entre o San Sadurniño e o Numancia. O equipo local tentou xogar o balón pero  a pesar de dominar en gran parte do primeiro tempo o centro de campo non inquietou en exceso a meta de Agustín, que só interveu nun par de accións con algo de apuro.
Pola súa banda os visitantes con certa apatía nalgún momento conseguían ser máis efectivos cando tentaban xogar a pelota. O Numancia chegou en dúas ocasións con claridade antes do 0 -1, que chegaría no minuto 28 cando un saque de porta local recólleo Iván en tres cuartos de campo e avanzando lixeiramente até o bordo esquerdo da área pon un balón á escuadra oposta ante o que non pode facer nada o meta local. Un gran gol que deixou tocados aos locais e deu ánimos aos visitantes.
O xogo visitante seguía sendo frouxo cun equipo partido pola metade sen control no centro do campo. A pesar diso, unha falta en tres cuartos de campo propio, lixeiramente ladeada á dereita, sácaa Martín en longo hacía a banda esquerda, onde Carlos recíbea en diagonal e entrando na área, encara ao porteiro ao que bate na súa saída. (0-2).
Tras o descanso o xogo mellorou lixeiramente e conseguiuse entrar máis polas bandas, así no minuto 5, Iván abre a banda dereita a Andrés Novoa quen chega á liña de fondo para centrar, o balón dispútao Carlos cun defensa e o rexeite chega ao bordo do área a Iván quen axusta un forte disparo ao traveseiro polo centro da portaría batendo novamente á meta do San Sadurniño (0-3).
No minuto 8 un contraataque permite a Iván pór un balón en longo a Ángel quen se interna na área e bate ao porteiro. (0-4).
No minuto 26, xogada ben levada por Iván pola dereita que centra a Carlos  quen no punto de penalti cede atrás a Martín que coloca o balón no ángulo inferior dereito da meta local deixando o 0-5 no marcador.
A partir de aí o Numancia relaxouse e producíronse cinco minutos de caos total que  permitiu aos locais chegar até a área con perigo.
No 27´ un saque de esquina sen perigo supera a Agustín dá nas costas de David entrando en propia meta. (1-5)
No 28´ un balón posto dende a dereita polo San Sadurniño vólveo a introducir en propia meta David ao tentar despexalo. (2-5)
Aínda terían dúas ocasións máis o San Sadurniño que obrigarían a Agustín a empregarse a fondo. De aí até o final ocasións en ambos lados pero sen claridade no remate onde ambas defensas sacaron varios balóns postos á área por un e outro equipo.
En resumo, gañouse, xogouse a intres, pero séguese notando moito a falta de intensidade nalgúns tramos do partido e a falta de orde en xeral que provocaba a perda de control no xogo.
Só queda animar a todos para que poñan máis gañas no xogo e consigan facer todo o fútbol que teñen e que por agora só amosan a pingas.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.