Inicio Noticias Infantís Infantís. Numancia, 1 - Meirás, 6
 
 

Infantís. Numancia, 1 - Meirás, 6

S.D.R. Numancia de Ares. Infantiles 2010-2011. Numancia, 1 - Meirás, 6. Prados VellosDecepcionante.

A desorganización, a falta de fondo físico, os erros e as lesións converteron un partido expectante en decepcionante. O 1 - 6 final, 1 - 2 no descanso, deixa ao descuberto todas as carencias do equipo.

Prados Vellos, 18/12/2010

Aliñación: Roberto (Agustín 40'), Emilio (José Manuel 44'), Sergio Rodríguez (Rolo 52'), Alberto, Nico, Marcelo, Martín, Miguel, Carlos, Iván (Brais 40') e Andrés Novoa.

Gol: Martín.

Amoestación: Carlos (Cartón Amarelo por cortar o xogo coa man de forma intencionada).

 

O Numancia expuxo o encontro cunha defensa de cinco para tratar de frear o poder ofensivo do cadro visitante. O primeiro cuarto de hora estivo igualado, aínda que os locais xa daban mostras de non estar ben situados no campo deixando manobrar ao rival.
No minuto 13 o Meirás mete un balón á área sen perigo aparente, pero as indecisións da defensa e porteiro levan a que, tras varios rexeites os visitantes consigan adiantarse no marcador (0-1).

Con máis forza que cabeza o equipo local consegue chegar á meta rival e no minuto 16 un balón solto ao bordo de área chega a Martín quen de forte disparo anota o empate, (1-1).

O equipo visitante tocaba máis o balón e puña en apertos aos locais, mentres que os numantinos abusaban do xogo directo e aínda que chegaban ás inmediacións da área do Meirás non daban sensación de perigo.

No minuto 37, unha falta lateral a favor do Meirás sorprende a Roberto ao que o balón supera por alto, (1-2).

No descanso quedaría na caseta Iván que acusou o cansazo polo exceso de partidos. Na continuación (44') Emilio con molestias nun nocello tamén se retira.

Os locais aguantaron dez minutos e viñeronse abaixo físicamente i así, no minuto 60 un saque de esquina aprovéitao o Meirás para desde dentro da área cruzar o balón ás redes de Agustín, (1-3).

Dous minutos máis tarde (62´) un balón en longo ás costas da defensa con erros en cadea permiten aos visitantes pór o 1-4.

Carlos vería o cartón amarelo por parar un contraataque visitante coas mans.

Co catro cambios realizados, no minuto 66, Alberto tense que retirar lesionado no nocello dereito, deixando ao equipo en inferioridade numérica.

O últimos quince minutos foron un total descontrol local cos xogadores fóra de sitio e sen forzas.

O Meirás aproveito a situación e no 71´, unha contra facilitada por erros defensivos fai que  
chegue o 1-5.

No 73´ un tiro de bolea dende tres cuartos de campo sorprende a Agustín e establece o 1-6 definitivo.

O resultado final deixa tocado a un equipo que a pesar das vitorias xa viña dando mostras de fraqueza. Mal situados, fisicamente frouxos e abusando do xogo directo e individual.

So queda animar a todos para recuperarse física e anímicamente aproveitando ás vacacións de nadal. O vindeiro encontro xa será no 2011.

Felices festas a todos.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.