Inicio Noticias Infantís Infantís. Numancia 8, E.F.Racing, 3
 
 

Infantís. Numancia 8, E.F.Racing, 3

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2010-2011. Infantiles. Numancia, 8 - Escuela de Fútbol del Racing de Ferrol, 3. Prados Vellos (Ares). 11/12/2010Unha vez máis, máis goles que xogo.

O último partido da primeira volta pechouse con vitoria local por 8 a 3, pero sen chegar a convencer unha vez máis no xogo. Ao final do primeiro tempo chegouse con empate a dous tantos.

Prados Vellos, 11/12/2010

Aliñación: Roberto; Emilio (Miguelín 64'), Alberto, Óscar, Marcelo; Miguel (Sergio Rodríguez 52'), Carlos, Andrés Novoa (Rolo 40'), Martín; Iván e Sergio Rico (Fran Rañales 55').

Goles:  Martín (3), Iván(3), Carlos, Andrés Novoa.

O partido comezou con bo  xogo local que ao minuto 2 xa anotaba o primeiro tanto nunha combinación por banda esquerda entre Carlos e Iván con pase ao primeiro que bate á meta visitante na súa saída. (1-0)
Parecía que o partido sería fácil para o locais pero pronto se viu que o xogo inicial era un espellismo. Comezouse a errar nos pases a ter fallos na recepción e a chegar tarde aos balóns. Perdeuse o dominio no centro do campo e un erro encadeado en defensa permite aos ferroláns igualar o marcador no minuto 18 (1-1).
O xogo seguía sendo frouxo, pero o maior físico dos locais permitía chegar á área visitante aínda que sen moita claridade. No minuto 38 una contra iniciada tras un roubo no medio campo, permite a Iván asistir a Andrés Novoa dentro da área, que non desperdicia a ocasión e anota o 2-1.
No límite do tempo (40') unha falta innecesaria en tres cuartos de campo forzada polo Numancia permite aos racinguistas pór un balón á área e permitir que tras unha serie de erros e rexeites o balón finalice nas redes, conseguindo así o empate. (2-2).
Tras o descanso os locais saíron  revolucionados e novamente xogaron ben nos 5 minutos iniciais deixando case sentenciado o partido ao marcar 3 tantos.
No minuto 41 corner que saca Miguel e Martín envía ao fondo das redes (3-2).
No minuto 42 internada de Emilio polo dereita centro á área e tras non conseguir rematar nin Iván nin Carlos inicialmente o balón chega a Martín que desde a media lúa bate á meta visitante. (4-2)
No minuto 44 recuperación de balón de Martín que pon un pase ás costas dos defensas e Iván encara ao porteiro baténdoo por baixo. (5-2)
Despois do un inicio tan efectivo, vólvese a baixar o ritmo e permítese novamente que cheguen balóns á área local, até dúas claras ocasións son erradas polos visitantes antes de que no minuto 53 un novo balón á área permitise ao dianteiro ferrolán adiantarse á saída de Roberto e acurtar distancias. 5-3.
No 54, ao minuto de encaixar o gol, os locais conseguiron reaccionar e así un balón que Martín envía á área dispútao Iván e tras favorecerlle algún rexeite volve bater por baixo á meta visitante. (6-3)
A E.F.Racing deixouse ir e sen un gran xogo os locais volveron chegar con perigo no minuto 59 cando Emilio pasa a Óscar quen pon na área o balón para que Martín volva anotar. (7-3)
No minuto 37 execútase unha xogada moi ben levada desde a defensa onde Alberto abre a banda esquerda a Marcelo que sobe o balón a medio campo e pasa a Carlos quen se vai cara ao centro e busca a parede con Martín, pero este último en lugar de devolver o balón atrásao lixeiramente a Iván que desde tres cuartos de campo conecta un disparo que bate por alto á meta visitante. Gol de mérito, posto que un pouco antes, o porteiro racinguista sacara un disparo de Martín moi similar aínda que máis próximo á área. (8-3)
Finalizada así pois a primeira volta e situados en 5ª posición deixando a sensación que deste equipo pode dar moito máis de si. A irregularidade é a nota máis destacada posto que o mesmo conseguen xogadas de gran calidade que ao minuto desaparecen do campo.
Só queda dar ánimo aos rapaces, para que nesta segunda volta mellórese no xogo.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.