Infantís: Numancia, 6 - Amistade Meirás, 0

Vitoria con mellor xogo.

O Numancia impúxose por 6 a 0 en Prados Vellos ao Amistade de Meirás nun encontro con imprecións por ambolos dous bandos. Na primeira metade (1-0) e un mellor xogo local na segunda parte do encontro.

Prados Vellos, 27/11/2010

Aliñación: Agustín (Antonio 40'), Rolo, Martín, Sergio Rodríguez, José Manuel (David 54'), Óscar, Carlos, Miguel (Miguelín 40'), Alberto (Nico 57'), Sergio Rico (Brais 40') e Marcelo.

Goles: Carlos (3), Martín, Brais e Marcelo.

Dominio local pouco efectivo na primeira parte, con algunha chegada con perigo ben resolta polo porteiro visitantes. O conxunto de Valdoviño defendía ben e trataba de saír á contra, dominando o centro ata que se cambiou de posición Martín subindo a medio campo e tomando Óscar o centro da defensa.
O único gol do primeiro tempo chegaría no minuto 27 nunha internada de Martín pola esquerda  que cruza á área pequena rexeitando o porteiro visitante e entrando desde atrás Marcelo consegue abrir o marcador (1-0). Con este resultado chegábase ao descanso, ata ese instante o partido non fora moi vistoso, custando moito chegar con claridade á meta visitante.
O segundo tempo, pola contra, foi de mellor calidade e víronse xogadas ben traballadas con apoios e entradas por banda que puxeron en apertos aos visitantes e permitiron modificar o marcador ata o 6 a 0 final.
Tamén o Amistade puido chegar con perigo aproveitando os contraataques e chegando á meta de Antonio que interveu con acerto en tres ocasións.
Os goles foron subindo ao marcador local a partir do minuto 47, onde Carlos entra por banda esquerda ata a liña de fondo consegue centrar e Martín chegando dende atrás bate á meta visitante (2-0).
No 49, un balón que disputa Brais ao bordo do área consegue polo ás costas da defensa habilitando a Carlos para que resolva ante  a saída do porteiro (3-0).
No minuto 59 Martín pon un balón en longo dende medio campo para que Marcelo entre pola dereita en carreira e chegue ata a liña de fondo centrando un balón que Carlos remata en liña de gol (4-0).
No 64, intercambio de papeis e é Marcelo o que mete o balón a Martín sobre o lado dereito e éste asiste para que nesta ocasión Brais remate ao fondo da rede. (5-0).
Pecharíase o marcador no minuto 67, pase á área de Martín sobre a entrada de Carlos que regatea ao porteiro e establece o 6-0 definitivo.
En definitiva, encontro aceptable en xeral cunha segunda parte que deixa demostrado que cando se xoga en equipo conséguense xogadas de moita calidade. Neste encontro non se buscou a xogada individual se non a xogada colectiva e ao final conseguiuse chegar con claridade á meta visitante e anotar goles en xogadas de notable nivel.
Hai que seguir nesta liña e  seguir progresando no xogo colectivo, a próxima xornada será a penúltima da primeira volta con saída a Barallobre, finalizando a primeira volta na casa fronte á E.F.Racing de Ferrol.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.