Inicio Noticias Infantís Infantís. R. Neda, 2 - Numancia, 13
 
 

Infantís. R. Neda, 2 - Numancia, 13

Máis goles que xogo.

O Numancia venceu por un contundente 2-13 ao Rápido de Neda en encontro correspondente á 8ª xornada da liga local Infantil. Ao descanso o marcador foi de 0-5.

Municipal de Neda. 20/11/2010

 

Aliñación: Roberto(Antonio 40'); Rolo, Nico, Sergio Rodríguez (Tomás 55'), José Manuel; Martín (Ángel 40'), Carlos, Emi (Andrés Novoa 40'), Alberto; Sergio Rico (Fran Rañales 57') e Marcelo.

Goles: Alberto (4); Ángel (2), Andrés Novoa (2), Sergio Rico (2), Carlos, Nico e Defensa do Neda (p.p.).

 0-1.(  4') Centro desde a dereita de Marcelo que aproveita Sergio Rico.
 0-2.( 18') Corner que saca José Manuel, o rexeite  volve aos seus pés e pon un centro ao bordo da área para que Alberto de cabeza envíe o balón en parábola lonxe do alcance da meta local.
 0-3.( 27') Entrada por banda esquerda de Carlos que dá un pase ao bordo da área para que Alberto póñaa na escuadra dereita facendo imposible a estirada do porteiro do Neda.
 0-4.( 34') Xogada persoal de Carlos que se interna por banda esquerda e plántase dentro da área local para marcar gol pegado ao pau esquerdo ante a saída do porteiro.
 0-5.( 36') Emi pon un balón ás costas da defensa e Marcelo se interna até a liña de fondo conseguindo centrar, o centro aprovéitao novamente Sergio Rico que chegando desde atrás consegue o seu segundo tanto.
 0-6.( 42') Entrada por esquerda entre Marcelo e Carlos que pon un pase ao bordo de área a Alberto que novamente pon o balón lonxe do alcance da meta local.
 1-6.( 43') Contra do Neda ante unha relaxada defensa visitante que fai que se plante o dianteiro local fronte a Antonio, o primeiro disparo consegue despexalo, pero o rexeite é aproveitado por outro xogador local que consegue acurtar distancias.
 1-7.( 46') Balón no medio campo de Ángel que pon en longo pola dereita sobre a entrada de Andrés Novoa. Internada deste último até a área pequena e de disparo cruzado marca o primeiro dos seus dous tantos.
 1-8.( 51') Balón que desde a dereita centra Ángel e un defensa local envíao ao fondo da portaría.
 1-9.( 55') Ángel dentro da área dribla a tres contrarios e marca sobre a saída do porteiro.
 2-9.( 56') Nova contra coa defensa do Numancia despistada que finaliza co segundo gol local.
2-10.( 61') Parede entre Andrés Novoa e Ángel con devolución ao primeiro para que desde o pico dereito da área eleve o balón sobre a meta local conseguindo o seu segundo tanto.
2-11.( 66') Rexeite ao bordo da área e Alberto coa esquerda pon o balón na escuadra dereita da meta local.
2-12.( 70') Intento de entrar por banda dereita que é taponado pola defensa do Neda, o balón cédeo Ángel cara atrás sobre a subida de Nico, que sen pensalo dúas veces dispara a porta batendo á meta local por alto.
2-13.( 79') Pase desde o bordo de área de Alberto a Ángel que se penetra e bate ao porteiro na súa saída.

Vitoria clara do visitantes pero abusouse  da condución e de querer conseguir cada un o seu gol de forma individual.
Cando se dedicaron a mover o balón plantáronse con moita claridade na área local. Destacar tamén os descoidos en defensa, que permitiron aos locais marcar os seus dous tantos ao minuto de encaixar.
En resumo moitos goles pero hai que seguir mellorando no xogo e facer que os compañeiros participen máis na elaboración. No xogo defensivo o equipo ten que estar máis concentrado.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.