Inicio Noticias Infantís Infantís. Numancia, 3 - Eume, 4
 
 

Infantís. Numancia, 3 - Eume, 4

S.D.R. Numancia de Ares. Infantiles 2010-2011. Numancia, 3 - Eume, 4. Prados VellosDemasiados erros.

O Numancia caeu derrotado ante o Eume nun partido marcado polas ocasións desperdiciadas en ataque e os erros defensivos.

Prados Vellos. 13/11/2010

Numancia: Roberto (Agustín 40'); Emilio (Sergio Rico 70'), Alberto, Óscar, Sergio Rodríguez (José Manuel 60'), Marcelo; Carlos, Martín, Miguel (Fran 47'); Andrés Novoa  (Miguelín 67') e Ángel.

Goles: Alberto, Martín e Ángel.

 

Comezou o encontro con dúas claras ocasións locais que foron desaproveitadas. Pero na primeira chegada visitante, minuto 6, un centro desde a esquerda permite ao dianteiro eumés aproveitarse dunha indecisión entre Marcelo e Roberto establecendo o 0-1 no marcador.
Seguiu insistindo o conxunto local e conseguiu unha falta indirecta por xogo perigoso ao bordo dereito da área visitante. Na execución Martín tocou o balón e Alberto púxoa na escuadra do pau que tapaba a barreira facendo imposible a estirada da meta eumés, establecendo así o empate a un aos 10 minutos.
O xogo estaba dominado polo Numancia aínda que non acababa de concretar e as contras dos visitantes tiñan moito perigo. Así sería no minuto 37 cando unha contra consegue pór o balón ás costas da defensa e o dianteiro visitante eleva o balón sobre a saída de Roberto (1-2).
A fortuna estaría de parte dos locais ao minuto (38), cando un disparo afastado de Martín bota diante da meta visitante e coa axuda do vento entra na portaría establecendo o resultado co que se chegaría ao descanso, 2-2.
Na continuación unha entrada por banda esquerda dun dianteiro visitante fai inútil o esforzo de dous defensas locais que acaban polo chan permitindo o centro á área pequena onde despois de varios rebotes e indecisións de porteiro e defensas, Sergio Rodríguez, na liña de gol, non consegue despexar cara a fóra e marca en propia porta. (2-3).
Ao 53' Ángel é derrubado na área  e aínda que finaliza a xogada marcando, o árbitro xa pitara a pena máxima. Toda a fortuna do primeiro tempo vólvese agora en contra e Martín tira o penalti frouxo conseguindo atallar o balón o porteiro eumés.
Segue insistindo o Numancia con chegadas á área con perigo e no minuto 66 un balón en longo aprovéitao Ángel para elevar sobre a meta visitante e pór novamente o empate no marcador, (3-3).
No minuto 67, un corner a favor dos locais acaba nunha contra visitante onde un único dianteiro eumés gaña a partida a catro defensas numantinos e aproveitando a saída en falso de Agustín anota o definitivo 3-4.
De aí ao final ataque á desesperada dos locais que xa non foron quen de chegar con claridade de ideas á meta do Eume.
En resumo, partido moi disputado, con xogo trabado nalgúns momentos, onde os erros en ataque e sobre todo en defensa foron determinantes.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.