Inicio Noticias Infantís Infantís: Numancia, 9 - Maniños,0
 
 

Infantís: Numancia, 9 - Maniños,0

Vitoria contundente.

Bo encontro dos aresáns que non deron opcións a un rival, que o intentou, pero viuse superado con claridade. 

Ares 06 de novembro do 2010.

Aliñación do Numancia: Kike (Antonio 40'), Emi, Óscar, Alberto, Nico (Rolo 51'), Marcelo, Martín, Miguel (Miguelín 55'), Carlos, Fran (Brais 48') e Ángel (Fran Rañales 58').

Goles: Ángel (3), Alberto (2), Martín, Fran, Carlos e Rolo.

 

1-0 (20'): Apertura de Martín á dereita para que Ángel centre á área pequena e chegando en carreira Fran envíe ao fondo da rede.
2-0 (24'): Balón que pon  Carlos ao bordo do área para que Martín estableza o 2-0.
3-0 (26'): Boa internada de Emi por banda dereita, pase ao pico do área para Martín que pon un centro perfecto para que Ángel marque o seu primeiro gol do partido.
4-0 (45') Chegada á área polo pico dereito de Miguel que chuta ao traveseiro aproveitando o rexeite Carlos.
5-0 (51') Apertura a banda esquerda de Martín sobre a internada de Marcelo que consegue centrar á área pequena para que Martín tente o remate, o balón morto cae a un oportuno Ángel que consegue o seu segundo tanto do día.
6-0 (58') Corner que saca Martín dende a esquerda do ataque numantino, o balón remátao Alberto ao traveseiro e o rexeite aprovéitao novamente Ángel.
7-0 (65') Falta dende o lado esquerdo do ataque do Numancia próxima á área rival. Alberto execútaa axustada ao traveseiro evitando a estirada do porteiro.
8-0 (69') Mans claras na área visitante que son sancionadas con penalti, Alberto tírao polo centro pero o porteiro non consegue atallalo.
9-0 (80') Entrada de Marcelo por banda esquerda conseguindo centrar, o balón paséase pola área visitante até chegar alén do área onde Rolo chegando en carreira dispara forte para conseguir pechar o resultado.


Comentario.

Bo encontro dos locais que  dispuxeron de moitas ocasións e por momentos conseguiron realizar xogadas ben levadas con xogo polas bandas.
O Maniños tentou  xogar pero viuse superado polos locais, pero a pesar do resultado seguiron buscando o gol até o último minuto.
No primeiro tempo os visitantes apenas inquietaron a meta de Kike parados sempre por unha efectiva defensa local.
No segundo tempo tan só un bo disparo do conxunto visitante ao que respondeu Antonio cunha excelente parada.
Polos locais destacar o debut de Fran Rañales que estivo ao nivel dos seus compañeiros e mesmo chegou a marcar un gol que lle foi anulado por fóra de xogo.
En resumo partido con moitos goles, pero sobre todo con fases de xogo dun nivel aceptable.
Agora a manter o tipo ante o próximo rival, o Eume, que visitará Prados Vellos a vindeira semana.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.