Inicio Noticias Infantís INFANTÍS. R. FERROL, 3 - NUMANCIA, 1
 
 

INFANTÍS. R. FERROL, 3 - NUMANCIA, 1

 DERROTA CON BOAS SENSACIÓNS

Ata o último minuto do partido, o Numancia tivo ocasións para empatar este choque disputado ante o líder do grupo.
Ares, 29 de outubro de 2010
O campo da Gándara foi o escenario desta quinta xornada da liga, nunha tarde que se presentía chuviosa pero que, finalmente, respectou o horario do partido, de maneira que non caeu nin unha soa pinga de auga durante os oitenta minutos.
 
ALINEACIÓNS
R. C. FERROL: Fran (Joaquín, m. 41); Bruno, Bruno Nodar, Fran Fernández (Diego, m. 64), Ignacio; Marcos, Francisco, Simón; Champi (Daniel, m. 59), Guillermo (Samuel, m. 55) e Borja (Lucas, m. 69)
NUMANCIA: Roberto; Emi (José Manuel, m. 60), Sergio, Alberto, Nico, Marcelo; Miguel (Sergio, m. 52), Martín, Carlos; Ángel e Andrés (Fran, m. 55).
ÁRBITRO: Antonio Belizón.
GOLES:
0 – 1 (27 m.): Contraataque do Numancia que finaliza Andrés, elevando o balón por riba do porteiro. Golazo.
1 - 1 (31 m.): Champi desborda a Marcelo en banda e plántase só diante de Roberto, ao que supera, empatando o partido.
2 – 1 (47 m.): Contraataque do Rácing. Dentro da área, o balón rebota en varios xogadores e chega a Champi, que só ten que disparar a portería baleira.
3 - 1 (79 m.): Escapada de Simón, superando á defensa aresá, e tocando suave ao fondo das redes, ante a saída de Roberto.

COMENTARIO: Interesante partido do Numancia ante un rival que saía coma claro favorito. Desde os primeiros minutos vimos aos aresáns con mellor posicionamento no campo, situando unha defensa de cinco e un medio campo con tres xogadores, que dificultaron moito as evolucións dos racinguistas. Mesmo, hai que destacar que as oportunidades de gol máis claras, na primeira parte, foron para o Numancia: Andrés aos sete minutos, só diante do porteiro e  Martín, en dúas ocasións, levaron o perigo á portería defendida por Fran. Ben posicionados e con moito desgaste físico na presión aos contrarios, mereceron un mellor resultado, quizás a clave estivo no minuto trinta, cando nunha excelente xogada de Ángel, marchando dos defensas por velocidade, entregou un balón de gol a Martín, quen se precipitou no remate: puido ser o 0 – 2. Un minuto despois, empatou o Rácing.
A segunda parte presentou máis ocasións de gol para os dous equipos, estando o partido máis aberto. Xa non houbo o mesmo control defensivo e o medio campo fraqueou, perdendo a posición e tardando en recuperar o sitio. Evidentemente, as forzas non eran as mesmas. Aínda así, se ben é certo que o Rácing enviou dous balóns aos paus e outros remates foron neutralizadas por Roberto, con varias intervencións de mérito, tamén o Numancia tivo as súas opcións, sobre todo, en dúas xogadas nas que Ángel non tivo sorte nos seus remates diante de Joaquín, enviando fóra dous balóns que puideron supór o empate.
Globalmente hai que felicitar ao plantel do Numancia pola súa entrega nun partido que se prevía moi complicado. Seguimos observando que algúns xogadores, nunhas posicións diferentes ás que viñan ocupando con anterioridade, non coñecen a súa tarefa, perdendo facilmente a súa zona e presionando lonxe da súa posición. Estes esforzos páganos na segunda metade, baixando o ritmo de xogo. Sen dúbida, estas son algunas das materias pendentes: dosificación das forzas e  coñecemento da misión de cada un. E para solucionalo só existe un remedio: práctica, adestramento, corrección, ensaio, repetición, ....
 
 
 
 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.