Inicio Noticias Infantís INFANTÍS. E.F.G. CARANZA, 1 - NUMANCIA, 6
 
 

INFANTÍS. E.F.G. CARANZA, 1 - NUMANCIA, 6

  PRIMEIRA VITORIA NESTA LIGA
Ao descanso chegouse cun resultado de 0 – 4 e moitas ocasións falladas polo Numancia.


Caranza, 15 de outubro de 2010
Na terceira xornada, os infantís conseguiron a súa primeira vitoria. A primeira parte foi de clara superioridade dos aresáns que materializaron só catro goles que puideron ser outros tantos de non ser polo porteiro local, moi valente nas saídas ante os pés dos dianteiros visitantes. O control do partido foi case sempre do Numancia, con Martín e Fran repartindo balóns aos dianteiros.
ALINEACIÓN: Quique (Roberto, m.40); Emi (J. Manuel, m. 48), Sergio (Tomás, m.57), Alberto, Marcelo; Óscar (Miguel, m.48), Martín; Andrés, Fran, Ángel(Sergio Rico, m. 57)  e Carlos.


GOLES:
0 – 1 (11 m.): Triangulación ao borde da área do Caranza que culmina Martín cun disparo raso e cruzado.
0 – 2 (21 m.): Forte disparo de Martín que non chapa o porteiro. Ángel está atento e envía o balón ao fondo das redes.
0 – 3 (27 m.): Excelente envío de Fran en profundidade para Andrés, situado na banda dereita, quen recolle o balón e corre cara a portería, disparando ao primeiro poste.
0 – 4 (31 m.): Outro gran pase de Martín para Andrés, quen centra desde a dereita para que Carlos remate a pracer. O seu frouxo disparo é rexeitado polo porteiro, chegando o balón a Martín que fusila de disparo raso e potente.
0 – 5 (47 m.): Gran internada pola banda dereita de Andrés, incluído un espectacular regate, e centro á área, onde Carlos non ten máis que empuxar ás redes.
0 – 6 (62 m.): Entrada de Andrés pola dereita e remate desde cerca de Martín.
1 – 6 : Gol do Caranza de falta directa.

 


 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.