Inicio Noticias Infantís Infantís: Numancia, 0 - San Sadurniño, 0
 
 

Infantís: Numancia, 0 - San Sadurniño, 0

S.D.R. Numancia de Ares, Infantiles 2010-2011. Numancia, 0 - San Sadurniño, 0. Prados Vellos. AresSeca goleadora.

Empate sen goles no primeiro encontro como local do Numancia na liga local de infantís. 

 
9/10/2010 Prados Vellos, Ares

Aliñación: Agustín; José Manuel, Nico, Sergio Rodríguez, Marcelo, Alberto; Óscar, Miguel (Rolo 60'), Andrés Novoa (Miguelín 56'); Ángel e Brais (Sergio Rico 40')

Amoestacións: Cartón Amarelo para Alberto por desprazar o balón.

Nunha tarde cun tempo agradable para xogar, o Numancia debutou en casa fronte ao San Sadurniño onde ambos os equipos presentáronse con baixas importantes.
O Numancia dominou algo máis durante o encontro pero ningún dos dous equipos deron sensación de perigo fronte á porta rival.
No primeiro tempo houbo poucas chegadas por ambos os bandos e superioridade das defensas sobre os dianteiros.
A segunda metade tampouco foi moito máis animada debido á escaseza de oportunidades para ambos os bandos.
Destacar polos locais unha clara chegada de Ángel que eleva en exceso e unha falta que Alberto envía á cruz, mentres que os visitantes dispuxeron dun balón ao pau.
Empate que se pode considerar xusto para os méritos de ambos os equipos que así puntúan despois de iniciar o torneo con senllas derrotas.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.