Inicio Noticias Infantís Infantís. Perlío, 3 - Numancia, 8
 
 

Infantís. Perlío, 3 - Numancia, 8

S.D.R. Numancia de Ares. Infantiles 2010-2011. Amistoso. Perlío, 3 - Numancia, 8. Os Pinares (Fene)Amigable para seguir progresando.

Segundo partido de pretemporada e segunda vitoria. Esta vez a domicilio fronte ao Perlío. Aínda que o resultado  foi bo i en xeral vanse vendo algúns detalles, son  moitas as arestas que hai que puír no equipo. 

Os Pinares - Perlío
4 de setembro de 2010.

Numancia: Roberto ( Agustín 25') ( Antonio 55'); Raúl, Martín, Alberto, José Manuel (Tomas 40'); Óscar, Andrés Novoa ( Emilio 40'), Carlos, Marcelo ( Miguelín 40'); Fran ( Nico 40'), Sergio Rodríguez ( Sergio Rico 40').

Goles: Martín (3), Carlos (3), Nico, Sergio Rico.

Mañá asollada en 'Os Pinares' e saída dos numantinos algo adormecida, aos 2 minutos unha perdida de balón ao bordo da área aprovéitaa o conxunto local para abrir o marcador de tiro lonxano que sorprende por alto a Roberto. (1-0).
O gol espertou aos de Ares que comezaron a xogar o balón e pór máis intensidade, creando ocasións claras de gol que unhas veces o acerto do gardamemeta local e outras os fallos dos visitantes deixaron o empate para o minuto 17. No devandito minuto un saque de esquina ao primeiro pau de Fran sobre Carlos por raso, con devolución deste ao primeiro e centro de Fran para que Martín cabecease batendo a meta local. (1-1).
No 35 Carlos abre a banda a Marcelo que devolve a Carlos para que sobre a saída do porteiro estableza o 1-2.
Con ese resultado chegaríase ao descanso. No primeiro tempo o Numancia dispuxo de moitas ocasións en especial en pés de Marcelo que chegou até en 5 ocasións con claridade diante da meta local e en ningunha delas conseguiu anotar ningún tanto. Tamén Carlos, Martín, Andrés Novoa e Fran dispuxeron dalgunha outra ocasión. Resaltar o elevado número de veces que os dianteiros visitantes caían en fóra de xogo. Polos locais apenas un par de chegadas que inquietaron a Roberto primeiro e Agustrín despois. No positivo a melloría de José Manuel no lateral esquerdo e a presencia en medio campo de Óscar.
O segundo tempo iníciase con moitas variacións e sendo maioritariamente de xogadores de primeiro ano.
Segue o dominio aresano e  no minuto 7, Nico aproveita un rexeite do porteiro a tiro de Carlos para pór o 1-3.
No minuto 14 Carlos agarraches a Martín que non perdoa e pon o 1-4 no marcador.
Con ese resultado os aresanos reláxanse e o Perlío aproveita para plantarse con perigo na área numantina.
No minuto 17 un disparo desde fóra da área bate a Antonio que a pesar da súa estirada non pode atallar o balón. (2-4)
No 22 unha falta ao bordo da área numantina é despexada por Antonio pero o rexeite aprovéitao un dianteiro local para batelo e acurtar distancias. (3-4)
Reacciona novamente o Numancia e no minuto 32 un corner que saca Martín, toca Sergio Rico e Carlos remata a xogada conseguindo o 3-5.
No 34 unha falta no medio campo sácaa Alberto cambiando o xogo de dereita a esquerda, Carlos recibe e pon un balón dentro da área a Sergio Rico que marca sobre a saída do porteiro local. (3-6)
No 36, novo balón posto en longo por Martín para Carlos que resolve en solitario batendo á meta local. (3-7)
Xa  co tempo cumprido xogada de forza de Martín  que sae desde medio campo e plántase diante do porteiro para batelo e deixar o 3-8 definitivo.
A segunda parte foi algo máis pelexada polo Perlío pero a efectividade visitante foi tamén superior á do primeiro tempo. Salientar o debut de Antonio na meta Numantina amosando boas maneiras e a participación de Carlos e Martín en casi que todos os goles do seu equipo.
Bo ensaio que ten que servir para puír defectos e seguir progresando pero que non ten que cegar aos numantinos posto que hai que mellorar moitas cousas.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.