Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS: CRONICA FIN DE TEMPADA.
 
 

ALEVÍNS: CRONICA FIN DE TEMPADA.

SDR Numancia de Ares. Alevíns 2009-2010. Crónica fin de tempada.FIN DE TEMPADA ALEVÍN
Nos dous últimos fins de semana, o equipo alevín do Numancia de Ares participou nos torneos veraniegos de San Sadurniño e Pontedeume de fútbol 7. 

No torneo Provincial de San Sadurniño, o Numancia mediuse ós equipos do Cedeira, Galicia de Caranza e Sagrada Familia de A Coruña.

No torneo Vila de Pontedeume os aresán enfróntaronse o CD As Pontes e ó Galicia de Caranza.

Estos torneos contaron cunha alta participación de todo o plantel alevín, participando nos partidos prácticamente toda plantilla ao completo. Non imos poñer ós resultados destos partidos, xa que estos eventos de fin de tempada sirven para favorecer a convivencia dos nosos futbolistas cos nenos dos outros clubs, desfrutar de actividades extradeportivas como a piscina en San Sadurniño, ou xogar a pelota sen ningún tipo de competición polo medio e mesturados con nenos dos outros equipos participantes. Este foi o único obxetivo do Numancia alevín nestes dous eventos estivais, e conseguíronno con creces.

Con estos campionatos do mes de xuño rematou a tempada deste equipo alevín do Numancia 2009-2010. Xa fixemos en crónicas anteriores un pequeno repaso da tempada, gustaríame agora facer unha análise un pouco mais concreta.

Comezábamos o día 1 de setembro, cunha serie de metas e obxetivos nos que os resultados dos mesmos foron os seguintes:

Misión de formación. Todos os nenos participaron de manera masiva e activa nos dous adestramentos semanais programados dende principio de tempada. Nos partidos sempre fomos 12 convocados, tendo que deixar por motivos do regulamento máis dun rapaz fora da convocatoria. Nos partidos todos os xogadores tiveron minutos o longo de toda a tempada para desfrutar, mostrar e mellorar as súas cualidades futbolísticas.
No aspecto do comportamento como persoas, estamos moi contentos, xa que agás dalgunha que outra situación propia da idade dos rapaces, o ambiente do grupo foi excepcional.

No aspecto menos importante, o da competición, podemos sentirnos orgullosos deste grupo de rapaces, metade de segundo e metade de primero ano que conseguiron o subcampionato no seu grupo ligueiro e leváronnos ata as semifinais copeiras, facéndonos vibrar e desfrutar ata a primeira semana de xuño.

No aspecto social teño que salientar e felicitar o fenomenal grupo de pais e nais que tivo este equipo alevín durante toda a tempada. Sempre arroupándonos tanto en Ares como nos desprazamentos. Sempre puntuais e dispostos a calquera cousa polo equipo. Organizando actos extradeportivos e aguantando o tipo ata finais de xuño cos Torneos, cunha participación masiva de nenos e pais nos mesmos, independentemente da data e da climatoloxía. A todos de corazón, moitisimas grazas.

Toda esta aventura futbolística e social non sería posible sen o respaldo e o trabalo da xunta directiva, tendo sempre a punto as instalacións, as equipacións e o material de xogo, as circulares, os horarios as fotografías, etc; sempre o pe do cañón polo ben do clube e dos nosos nenos.

Pero sobretodo todo isto non sería posible sen ós 17 protagonistas deste Numancia alevín 2009-1010 que son ós seguintes:
SDR Numancia de Ares. Equipo Alevín 2009-2010.Torneo Provincial de San Sadurniño.
Fernando, Adrián, Óscar, Piñeiro, Nico, David, Fran Martínez, Emilio, Alexis, Carlos, Pablo, Fran Fernández, Miguel, Sergio, Antón, Luís e Antía. A todos vos ¡¡¡Moitas grazas por aguantarnos e por deixar que roubarámos un pouco da vosa infancia e da vosa libertade para meteros na cabeza o deporte do fútbol¡¡¡ ¡¡¡GRAZAS POLA VOSA PACIENCIA E FELICIDADES CAMPIÓNS¡¡¡

Esta tempada remata oficialmente o próximo sábado as 22:00 no mellor restaurante da vila, A Cantina do Numancia nunha cea fin de tempada que será servida polo mellor chef de Ares, o noso cantineiro Pepe. Esperamósvos ver a todos nesta festa fin de tempada, para poñerlle o broche de ouro a esta aventura.

¡¡¡FELIZ VERÁN A TODOS¡¡¡

¡¡¡ATA SEMPRE¡¡¡

Jorge Martínez.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.