Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS: NARÓN, 1 – NUMANCIA (A), 2
 
 

ALEVÍNS: NARÓN, 1 – NUMANCIA (A), 2

Importantísima vitoria no Cadaval.

17 de xaneiro de 2009

Xoan.

ALINEACIÓN: Roberto, Verónica, Martín, Iván, Carlos, Alberto e Fran. Tamén xogaron Quique, Marcelo, Ángel, Brais e Miguel.

GOLES:

0 – 1 : m. 7: Iván lanza un córner ao primeiro poste que o porteiro naronés non atrapa. Alberto colle o rechace e marca o primeiro gol.

0 – 2 : m. 37: Arrancada de Carlos pola banda esquerda que finaliza cun centro á área, onde Iván non ten máis que empuxar o balón ás redes.

1 – 2 : m. 46: Francisco recolle un balón na liña de fondo, recorta a un defensor e de disparo cruzado e raso, consegue acurtar distancias no marcador.

INCIDENCIAS: Partido disputado nun magnífico céspede de herba artificial. A mañá un pouco neboenta que quizás enfriara tanto aos nenos coma aos seus pais.

COMENTARIO: Non foi un partido vistoso, quizás a presión do resultado de cara a disputar a segunda praza do grupo, lles pesou en exceso aos nenos. Houbo un lixeiro dominio do Numancia ata os últimos minutos do partido nos que o Narón estivo moi preto de conseguir o empate.

Na primeira parte, o Numancia puido ampliar a vantaxe nun excelente disparo de Vero dende fóra da área, desviado nunha gran intervención polo porteiro naronés.

Nada máis comezar a segunda parte, Francisco estivo a piques de conseguir o empate, nunha gran xogada pola banda dereita que finalizou cun lanzamento ao poste do Numancia.

Nos últimos minutos do partido un magnífico corte defensivo de Vero impediu que chegara a igualada. Esta vitoria consolida ao Numancia na segunda praza, á espera dalgún tropezo do R. Ferrol

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.