ALEVÍNS. TORNEO DAS PONTES

ORGULLOSOS DE PARTICIPAR

O sábado 5 de xuño o CD As Pontes celebrou o seu 50 aniversario coa disputa dun torneo alevín. 

 

Ares, 7 de xuño de 2010

S.D.R. Numancia de Ares. Alevines 2009-2010.Torneo de As PontesNeste torneo estiveron equipos da talla do Deportivo, Celta, o campión e subcampeón de Lugo, Milagrosa e Viveiro, os campións de Ferrolterra, Racing de Ferrol “B”, Perlío e Meirás completándose o cartel co Galicia de Caranza, Eume Deportivo, Numancia de Ares e os dous conxuntos alevíns do CD As Pontes.
O Numancia presentouse no torneo un día despois da semifinal copeira ante o Racing de Ferrol. Distintos motivos fixeron que os aresáns só puideran presentar a 10 xogadores neste torneo, 6 de primeiro ano axudados por 4 de segundo ano. Estes foron os xogadores que participaron no torneo e os seus resultados:

NUMANCIA: Adrián, Nico, Piñeiro, Alexis, Miguel, Pablo, Antón, David, Carlos e Luís.

10:00 AS PONTES 2- NUMANCIA 0

11:20 MILAGROSA 3 - AS PONTES 0

12:40 MILAGROSA 3 - NUMANCIA 2


S.D.R. Numancia de Ares. Alevines 2009-2010. Torneo de As PontesO partido ante o As Pontes foi moi igualado. Primeira metade con moi bo xogo traducido en dominio e claras ocasións numantinas que non atoparon o premio do gol. Segundos 15 minutos máis igualados onde o Numancia fallou un penalti no último minuto. Dous erros puntuais dos aresáns decantaron o partido a favor do CD As Pontes.

No partido ante o campión provincial de Lugo a SD Milagrosa o noso equipo fixo un partidazo. Partido de poder a poder, moi táctico e entretido para o espectador. Fútbol de toque polos dous equipos, 1-0 para a Milagrosa, empataría o Numancia nunha volea de Antón. Na segunda metade adiantaríase de novo o equipo lugués pero Carlos no rexeite dun penalti errado por el mesmo empataba no último minuto. Pero no saque de centro, un xogador lucense vaise de todos os xogadores aresáns e bate a Adrián conseguindo o 3-2 definitivo.

S.D.R. Numancia de Ares. Alevines 2009-2010. Torneo de As PontesGran partido dos aresáns, tendo en conta que neste torneo o Numancia xogou coa base do equipo da tempada que vén, axudado por 4 compañeiros máis veteráns. Con todo iso, foron capaces de facerlle frente a todo un campión de Lugo, que posteriormente eliminaría nada máis e nada menos que ao Celta de Vigo nas semifinais da mesma maneira que gañaban ao Numancia, 3-2 e con xogada individual do mesmo xogador no desconto. Finalmente a SD Milagrosa sería o campión do Torneo do CD As Pontes derrotando na final ao Viveiro CF por 1-0.

Felicitar o CD As Pontes polo excelente nivel do Torneo. Fenomenal organización, con moita xente a disposicións dos clubs para o que fixera falta. Impresionante a comida que organizaron para todos os participantes no Torneo e insuperable o trato dado polo conxunto pontés. Dende o Numancia estamos moi orgullosos pola invitación a participar no mesmo e moi agradecidos polo trato recibido. Noraboa polo torneo, polo ascenso a 3ª división do primeiro equipo e por esos 50 anos que non se cumplen todos los días. ¡¡¡NORABOA CD AS PONTES¡¡¡


Pola nosa parte, estar orgullosos dos 10 xogadores que vencenron o cansanzo físico e psicolóxico do partido copeiro do venres e fixeron un bo papel neste torneo a pesares da xuventude do equipo presentado no mesmo. ¡¡¡Felicidades xabatos¡¡¡

Agora toca unha fin de semana de descanso nos partidos. Retomaremos os encontros a fin de semana do 18, 19  e 20 en San Sadurniño no torneo organizado polo equipo anfitrión no campo da Piscina onde tamén aproveitaremos para darnos un baño. Recordarvos que será unha fin de semana intensa xa que tamén teremos a comida de confraternidade en Santa Catalina o sábado 19.
Remataremos a tempada os días 24, 25 e 26 de xuño no Torneo “Villa de Pontedeume” organizado polos nosos amigos do Eume Deportivo.


A seguir disfrutando….

 

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.