Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS. NUMANCIA, 2 - R. FERROL, 5
 
 

ALEVÍNS. NUMANCIA, 2 - R. FERROL, 5

¡¡¡”QUE NOS QUITEN O BAILADO”

Partido das semifinais de Copa da categoría alevín onde o Numancia caeu eliminado coa cabeza moi alta ante un bo equipo como o Racing de Ferrol.

 

Ares, 5 de xuño de 2010.

NUMANCIA: Adrián, Óscar, Piñeiro, Emilio, Fran F., Carlos (capitán), Antón, Fernando, Nico, Miguel, Luís e Sergio.

RACING F.: Cristian, Raúl, Alejandro, Javier, Miguel, Alejandro, Iván, Borja, Iván, Moisés, Pablo e Coke.

Árbitro: D. Iago Veiga López (Delegación de Ferrol)

Goles: Antón e Luís.

COMENTARIO:
S.D.R. Numancia de Ares. Alevines 2009-2010. Semifinal de copa Local. Numancia, 2 - Racing de Ferrol, 5. Prados Vellos.Tarde de venres con tempo extraordinario para a práctica do fútbol. Moito ambiente en Prados Vellos, unhas bancadas moi poboadas e con moita animación para presenciar un bonito encontro de alevíns, un partido especial para a familia numantina, unha semifinal copeira a partido único.
Un encontro que comezou con claro dominio visitante, nos primeiros minutos saíron con forza e tiveron varias opcións de adiantarse no marcador. Pero o fútbol non entende de lóxica, e un balón longo dende a defensa numantina é aproveitado por Antón para controlalo e disparar a portería racinguista por primeira vez, conseguindo o 1-0 no marcador aos 5 minutos de xogo. Este gol non serviu para que os numantinos impuxeran o seu xogo e tranquilizaran o partido. Foi o Racing o que tivo o balón e as ocasións claras de gol, o porteiro numantino Adrián evitou con varias paradas de mérito o gol visitante pero nada puido facer ante un disparo lonxano de Borja Freire que entrou por toda a escuadra da portería local. Empate dos racinguistas, 1-1 no minuto 10 do encontro. A partires dese gol o Numancia espertou un pouco neutralizando durante uns minutos o dominio racinguista. Pero un saque do porteiro visitante supera por alto a defensa numantina mal colocada, o balón solto cae nun xogador racinguista que consegue o segundo gol dos visitantes. 1-2 no minuto 20 do encontro. Puido ampliar a vantaxe o Racing nunha falta pero por sorte o noso gardarredes Fernando fixo unha boa parada de reflexos, deixando desta forma o resultado ao descanso nun 1-2.
 
S.D.R. Numancia de Ares. Alevines 2009-2010. Semifinal de copa Local. Numancia, 2 - Racing de Ferrol, 5. Prados Vellos.Na segunda metade, o Numancia tivo os seus mellores 10 minutos do encontro. Comezaron os aresáns con forza, tendo varias ocasións de empatar o partido, pero o bo porteiro racinguista impediu que o empate subira ao marcador no comezo da segunda metade. Neste caso a inxustiza cebouse cos aresáns, xa que cando mellor estaban no campo o Racing conseguía o 1-3 nunha xogada combinativa. Xarro de agua fría para os aresáns. Non obstante, a falta de 15 minutos saíu a relucir o espíritu numantino. Con máis corazón que cabeza o Numancia buscaba o empate, e tivo dúas claras ocasións para facelo, se ben é certo, tamén o Racing tivo a opción de matar o encontro en xogadas de contraataque. Sería no minuto 20 cando o faría, colocando o 1-4 no marcador sentenciando o choque. Os últimos 5 minutos foron anécdoticos, onde vimos unha falta lanzada maxistralmente por Luís que poñía o 2-4 no marcador e o último gol racinguista no desconto que deixaba o marcador no 2-5 definitivo.

En resumo, non foi o mellor partido do Numancia alevín nin por asomo. Moitos nervos, imprecisións e présas. Todo iso ante un rival que contaba con xogadores moi resolutivos acabouse pagando. Polo tanto toca felicitar o Racing de Ferrol e desexarlle toda a sorte do mundo na final copeira. Pero sobretodo, toca felicitar aos 16 xogadores do plantel do Numancia de Ares alevín que onte demostraron ser un auténtico grupo de amigos, asistindo os 16 ao partido, facendo piña, fotos e o que fixera falta. 16 xogadores subcampións de Liga e semifinalistas de Copa. 16 xogadores, nos que 8 son de primeiro ano e polo tanto seguirán sendo alevíns a temporada que vén. Creo que podemos estar moi orgullosos da temporada que fixeron os nosos rapaces. Noraboa campións, coa cabeza sempre moi alta.
Mención especial esta semana para a nosa afección. Sair ao campo e ver unas bancadas moi poboadas, con colorido vermello e moita animación foi un auténtico orgullo para os compoñentes do Numancia alevín. Siareiras xoves e non tan xoves, xogadores e adestradores das diferentes categorías do club animaron sen descanso aos nosos xogadores. E o máis importante, deixáronse a voz nos momentos difíciles, cando a eliminación copeira sobrevoaba a mente de todos. Tamén fixeron honra de ser unha afección intelixente cando despediron aos nosos xogadores cunha tremenda ovación entre gritos de ánimo. ¡¡¡MOITAS GRAZAS MAREA VERMELLA¡¡¡

Chegou polo tanto a fin de tempada para o Numancia de Ares alevín. Subcampións de Liga, semifinalistas de Copa, alta participación de todos os nenos nun grupo de xogadores moi numeroso. Xulguen vostedes mesmos. Para os que estean contentos coa tempada e para os que non…. ¡¡¡”QUE NOS QUITEN O BAILADO” ¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡
 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.