Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS. AFACO, 2 - MEIRÁS, 5
 
 

ALEVÍNS. AFACO, 2 - MEIRÁS, 5

SUPERIORIDADE FÍSICA DOS INFANTÍS DO MEIRÁS.
Onte pola tarde a selección alevín da AFACO disputou outro partido amigable de preparación para o triangular do sábado 12 de xuño.

 

Ares, 4 de xuño de 2010
Reproducimos o resumo enviado polo seleccionador da AFACO, José Manuel Varela, quen tivo a amabilidade de informarnos dese encontro amigable:
“O resultado foi de 5 – 2 a favor do Meirás.
Os goles da selección marcáronos Miguel e David.
Comezamos o partido cun 2 - 3- 1, con Antón e Pedro detrás pero realmente os infantís do Meiras (a maior parte de 2º ano) foron moi superiores fisicamente. Quero cometar que as incorporacións de Antón e Santi do Cedeira foron moi positivas pero notouse a falta de Carlos e Gabriel.
Logo cambiamos de sistema e utilizamos un 1 – 3 – 2 co que conseguimos un pouco máis de fluidez no xogo. En punta estiveron Miguel e David; no medio Pablo e nas bandas, Raquel e Pedro; e Antón de central. Foi cando chegaron os goles e incluso se puideron marcar dous máis.
Nesta convocatoria asistiron todos menos Gabriel, Unai e Carlos (excusado)”

Despois deste último partido de preparación, a selección alevín está citada para o sábado, 12 de xuño, ás 18.15 h. no campo de fútbol de Neda. Ás 19.00 h. comezará a súa participación nun torneo triangular de homenaxe aos campións de liga, Meirás e Perlío.

S.D.R. Numancia de Ares. Selección Alevín Afaco 2009-2010. Afaco, 2 - Meirás Infantil, 5. Misael Prieto Meirás.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.