ALEVÍNS. NEDA, 1 - AFACO, 7
PRIMEIRO PARTIDO DESTE COMBINADO.
Se ben estaba previsto disputar un amigable entre a selección alevín da AFACO e o equipo infantil do Cariño, a última hora houbo cambio de rival e foron os infantís do Neda os que xogaron o partido.
Neda, 26 de maio de 2010
Desta volta presentáronse doce dos dezaseis rapaces convocados por Jose Manuel Varela, seleccionador da AFACO. Parece que vai medrando o compromiso e a responsabilidade. Ademais, as ausencias dos xogadores do Cedeira están xustificadas por ir de excursión coa escola.
ALINEACIÓNS:
AFACO: José Andrés (Cariño), Sergio Roca (Val), Carlos Vázquez (Numancia), Lucas (Neda), Raquel (As Pontes), Pablo Casal (Amistade), Joao Pedro (Mugardos), Paulino Pérez (Eume), Alejandro Braojos (Barallobre), Miguel Casás e David Varela (San Sadurniño) e Iván García (Maniños).
NEDA: Andrés, Couce, Eli, Álex, Mimi, Diego, Mudrik, Cristian, Iván, Alba, Isaías e Edu.
O resultado final foi de sete goles a un, favorable ao combinado alevín (4 – 0 no descanso), nun encontro no que a diferenza física do equipo local non foi suficiente para facer fronte á mellor calidade dos visitantes. Evidentemente, ao ser o primeiro partido que xogan xuntos estes rapaces, cometeron imprecisións e erros de colocación que eran de agardar. Tamén inflúe o esquema táctico deseñado por José Manuel: 3 -2 -1 (coa variante: 3 -1 -2), un sistema que quizás non practican no seus equipos. Aínda que sexa precipitado extraer conclusións, parece que a posición de defensa central vai ser para Pedro e Raquel; mentres que os laterais estarán ocupados preferentemente por Carlos e Miguel; e na dianteira, Lucas e David. Cando menos, no partido de hoxe foron os que máis brillaron.
Como partido de adestramento que era, serviu para que os chavales se vaian coñecendo e tamén acoplando ao sistema de xogo. Por tanto, unha boa experiencia que repetirán a vindeira semana en Meirás, concretamente o xoves, 3 de maio, ás 18.00 h. Nesta ocasión, o rival será o equipo infantil do Meirás. Para este segundo amigable, José Manuel convocou aos seguintes xogadores:
José Andrés (Cariño), Sergio Roca (Val), Carlos Vázquez (Numancia), Lucas (Neda), Raquel (As Pontes), Pablo Casal (Amistade), Joao Pedro (Mugardos), Paulino Pérez (Eume), Alejandro Braojos (Barallobre), Miguel Casás e David Varela (San Sadurniño), Unai (Ortigueira), Gabriel Cobelo (Narón), Santi Hermida (Cedeira) e Iván García (Maniños).