Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS. SELECCIÓN DA AFACO
 
 

ALEVÍNS. SELECCIÓN DA AFACO

S.D.R. Numancia de Ares. Selección Alevín Afaco.ADESTRAMENTO DOS ALEVÍNS EN SAN SADURNIÑO.

Onte a tarde xuntáronse parte dos alevíns seleccionados por José Manuel Varela, para efectuar o seu primeiro adestramento.

San Sadurniño, 19 de maio de 2010
Selección Alevín Afaco. Entrenamiento en San Sadurniño. Mayo 2010A destacar o esforzo da entidade de San Sadurniño en preparar e pintar o campo para esta ocasión. Lamentablemente, a ausencia de seis xogadores impediu que se puidese disputar o clásico partidiño de sete contra sete. Só se presentaron nas instalacións da Piscina estes rapaces: Alejandro Braojos (Barallobre), José Andrés Yáñez (Cariño), Joao Pedro (Mugardos), Francisco Javier (Maniños), Gabriel Cobelo (Narón), Lucas (Neda), Carlos Vázquez (Numancia), Miguel Casás (San Sadurniño) e David Varela (San Sadurniño). E con eles, José Manuel (seleccionador), axudado por Carlos Calvo.
Á finalización deste adestramento preguntámoslle a José Manuel Varela:
- Como foi o proceso de selección destes rapaces?
- Unha vez que a directiva da Afaco me comunicou que eu era o seleccionador, pensei en completar unha lista con catorce xogadores, de xeito que houbese dous xogadores para cada posición. Outro criterio foi o de traer un rapaz por cada equipo de alevíns da Afaco. Con estas premisas, e como xa coñecía os rapaces dos equipos que xogaran no grupo do San Sadurniño, fun ver partidos dos outros equipos, caso p.ex. do Cedeira ou Narón. Tamén falei cos adestradores deses equipos.
- Teredes outra sesión de adestramento?
- Si, o próximo mércores, 26 de maio, imos a Neda onde xogaremos un partido amigable co equipo infantil do Cariño. Será ás 19.00 h.
- Consideras interesante esa xornada do 12 do xuño?
- Certamente, paréceme que ten que ser unha auténtica festa para os rapaces e ademais é unha boa maneira de homenaxear aos equipos que se proclamaron campións nos seus grupos, como o Perlío e o Meirás.
- Por último, José Manuel, como valoras a liga de alevíns que acaba de rematar?
- Sigo dicindo que había que modificar o sistema de liga: debería xogarse unha primeira fase a unha soa volta; despois, e en función da clasificación, os equipos distribuiríanse en tres grupos, de maneira que o nivel estaría máis igualado e iso facilitaría a progresión dos equipos e dos xogadores. Porén, recoñezo o problema de que no mes de abril a delegación ferrolá ten que aportar dous equipos para a fase galega da competición alevín.

 

Esperamos seguir informando da actividade desta selección, que encontrou en José Manuel a un adestrador xeneroso e ilusionado con esta nova tarefa.
 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.