Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS. AS PONTES, 2 - NUMANCIA, 3
 
 

ALEVÍNS. AS PONTES, 2 - NUMANCIA, 3

CANDO OS NENOS SE FAN HOMES

Terceira xornada da competición de Copa alevín na que o Numancia venceu ao CD As Pontes a domicilio, nun emocionante e vibrante partido.

 As Pontes, 1 de maio de 2010
ALINEACIÓNS:
CD AS PONTES: Adrián, Iago, Jonathan, Alejandro, Iván, Álvaro, Carlos, Jose, Daniel, Raquel, Julen, Ismael e Alberto.

SDR NUMANCIA: Fernando, Emilio, Óscar, Carlos (capitán), Fran F., Piñeiro, Antón. Nico, Alexis, Sergio, Luís e Miguel.

Equipo Alevín de As Pontes. O Poboado 01-maio-2010.Equipo Alevín da SDR Numancia de Ares. O Poboado 01-maio-2010.

 

 

 

 

 

 

 

GOLES: Carlos, Piñeiro e Alexis.

ÁRBITRO: D. Adrián González Franco. (Delegación de Ferrol)

COMENTARIO:
Mañá de sábado con nubes e unha temperatura perfecta para a práctica do fútbol. Ás 9:30 saían os xogadores e a hoxe numerosa afección numantina cara a vila mineira, para xogar un partido clave para as aspiracions numantinas na Copa, e o encontro non defraudou.
 Comezou o partido con dous equipos que saíron claramente a pola vitoria. Intercambio de chegadas á area nos primeiros 5 minutos, aínda que sen ocasións claras.  Pouco a pouco, o Numancia conseguiu impoñer o seu fútbol combinativo de toque, tendo varias ocasións de adiantarse no marcador. Unha desas boas combinacións é rematada por Carlos ao fondo da portería pontesa, poñendo o 0 - 1 no marcador no minuto 15 da primeira metade. De aí ata o descanso, o As Pontes intentaba levar perigo con balóns longos, aínda que sen moita eficacia. Os nosos pola contra, tiveron varias oportunidades de ir cun resultado máis cómodo ao descanso, pero finalmente o resultado no intermedio foi de 0-1.
 A segunda metade foi totalmente distinta á primeira. Empezou o Numancia tendo o control do balón e nunha falta colgada ao segundo pao, Piñeiro remata de cabeza conseguindo o 0-2, no minuto cinco da segunda metade. Despois viñeron uns minutos de centrocampismo, pero a partir do minuto dez da segunda metade o partido volveuse tolo. Un As Pontes á desesperada mandaba constantemente balóns por alto á área numantina. Os nosos sacaron casta, defendían con orde e cabeza, pero nun corner mal defendido un xogador pontés remata de cabeza facendo o 1- 2 a falta de dez minutos. A emoción aumentaba, ata que nunha contra aresá o balón queda morto na área tras un mal rexeite do porteiro local, por alí andaba Alexis moi atento para empurrar o balón a gol facendo o 1 - 3 a falta de sete minutos para o final. Non se rendía o As Pontes, seguía a loita de balóns longos e empuxe do As Pontes fronte á garra, á boa defensa e aos contraataques aresáns. Nunha xogada desafortunada, o colexiado interpreta como cesión un pase de Nico a Fernando. Os nosos xogadores quedan parados e os xogadores ponteses con moita astucia sacan rapidamente e fan un gol completamente legal que supoñía o 2 - 3 a falta de dous minutos. Con sufrimento, e sobretodo con moita coraxe e forza os rapaces numantinos aguantaron ata o final conseguindo unha importantisima vitoria no feudo pontés por 2-3.

En resumo, emocionante partido en As Pontes, con moi bo xogo na primeira metade, e moi boa defensa e por enriba de todo, entrega ao máximo, forza, sen medo, coraxe, hoxe podemos decir a frase de moda desta semana “SE DEJARON LA PIEL”, pero conseguiron o seu obxectivo , non coma os outros de moda.
 Hoxe quero dende aquí, felicitar aos dezaseis rapaces que conforman o plantel alevín, en especial aos doce homes que hoxe en As Pontes defenderon as cores do Numancia de Ares con moito orgullo e coraxe, iso para os que están fóra e para os seus adestradores, é un motivo de emoción e satisfacción, independentemente do resultado final. Están demostrando que neste equipo non hai titulares nin suplentes, todos son importantes, dende o 1 ao 16 están aportando en cada partido cada un o seu esforzo, o seu gran de area, aprendendo e disfrutando do fútbol. Os 16 xogadores, e así ten que ser ata o final. Tamén como non, agradecer a toda afección, hoxe moi numerosa que nun día festivo coma hoxe tiveron que madrugar para acompañar ao seu equipo nun partido clave, por iso hoxe especialmente, esta vitoria está íntegramente dedicada a todos vós. Moitas grazas.
 Polo tanto, importante vitoria do Numancia que se coloca un pouco máis cerca dos cuartos de final de Copa. Agora toca recibir ao Animas e visitar Perlío, para intentar conseguir matematicamente a clasificación para uns ilusionantes cuartos de final.
 Xa sabedes, que sen a vosa axuda todo isto sería totalmente imposible, polo tanto contamos con todos vós para o vindeiro sábado ás 11.00 h. en Prados Vellos no partido ante o Ánimas. Polo tanto quedamos emprazados, ¡¡¡non faltedes¡¡¡. Agora máis que nunca, todos xuntos… ¡¡¡PODEMOS¡¡¡
 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.