Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS. TORNEO DE SELECCIÓNS. CORUÑA, 4 - FERROL, 2
 
 

ALEVÍNS. TORNEO DE SELECCIÓNS. CORUÑA, 4 - FERROL, 2

DERROTA QUE DEIXA SEN POSIBILIDADES A FERROL
A falta dun partido con Lugo, o combinado ferrolán perde as posibilidades de clasificación nun partido no que deu a cara ata o final.


Meicende, 28 de abril de 2010
Gabi, seleccionador ferrolán, comezou o partido con estes xogadores:
Unai; Borja, Pedro; Miguel, Javi, Carlos; Hugo. Durante o partido tamén xogaron Carlos (porteiro), Sergio, Borja, Fran e Aarón.

Selección Ferrolá Alevín (F-7). Meicende, 28-abril-2010.

MINUTO A MINUTO:
PRIMEIRA PARTE.
1: Pase en profundidade de Hugo para Carlos, que dispara frouxo ás mans do porteiro coruñés.
2: Falta favorable a Coruña que sae alta.
5: Centro de Carlos que o porteiro desvía a córner por riba do traveseiro.
6: GOOOOOOOOOOL DE CORUÑA. 1 – 0 -Balón bombeado desde un lateral que Unai non é quen de chapar, calculando mal o salto.
8: Disparo desde medio campo que Unai envía a córner.
13: Bo tiro de Aarón que sae alto.
15: Córner que sacan os coruñeses que finaliza cun disparo desviado.
19: GOOOOOOOOOOOL DE FERROL. 1 – 1 . Balón que recupera Carlos no medio campo, avanza polo medio e entrega en profundidade a Aarón, quen diante da saída do porteiro, consegue o empate cun disparo raso.
21: Córner favorable  a Ferrol que intenta unha combinación pero o disparo sae desviado.
23: Forte disparo que rexeita Unai para que finalmente, Borja despexe a saque de banda.
24: Outro tiro que rexeita Unai.
25: Bo centra de Fran desde a dereita para que remate Borja de cabeza, ás mans do porteiro.
27: Salva Unai o segundo gol coruñés nun man a man.
28: Ten que retirarse Unai, lesionado.
30: Internada dun defensa local na área ferrolá que remata nas mans do porteiro ferrolán.
Finaliza esta primeira parte con empate a un gol. Trinta minutos con xogo moi igualadoe poucas oportunidades para ambos equipos.

SEGUNDA PARTE:
2: Disparo de Javi, desde a frontal da área, que para o porteiro sen problemas.
3: Potente lanzamento de Hugo que sae alto.
4: Boa parada do porteiro ferrolán a disparo dun defensa local.
5: GOOOOOOOOOOL DE CORUÑA. 2 – 1 .Falta directa lanzada por Aarón (Coruña) que colle un efecto raro e entra na portería.
6: GOOOOOOOOOOLAAAAAAAAZOOOO de HUGO. 2 – 2 . Brillante xogada individual de Hugo, regateando a varios rivais e conectando un forte chut que entra coma unha exhalación pegado ao poste.
7: GOOOOOOOOOOOOOOOL DE CORUÑA!. 3 – 2 .Bonita combinación en ataque do conxunto coruñés que finaliza cun remate cruzado e raso de Aarón.
9: Que ocasión para Ferrol!.  De novo, Hugo engancha un trallazo que se estrela no traveseiro. Lástima, puido ser o empate.
11: Forte disparo de Aarón (Coruña) que chapa con apuros Carlos.
12: Falta a Hugo no lateral da área. O propio Hugo saca un gran disparo que sae fóra, rozando o poste.
13: Córner a favor dos herculinos que finaliza nun remate de cabeza que se vai fóra, con toda a portería para o atacante.
15: Outro lanzamento de falta de Hugo que sae un pouco desviado.
16: GOOOOOOOOOOOOOL DE CORUÑA. 4 – 2 . Sentencia o partido o combinado coruñés. Un balón que recuperan en medio campo dálles a ocasión de sorprender á defensa ferrolá e conseguir o cuarto gol.
20: Córner a favor de Coruña e remate desviado.
22: Tiro de Hugo, desviado.
24: Gran ocasión para Carlos que falla o seu remate, dentro da área e con todo a favor para acurtar distancias no marcador.
26: Outra ocasión de gol para Ferrol que non aproveitan.
28: Bo disparo de Aarón (Coruña).

Finaliza o partido co resultado favorable a Coruña nun partido que puido rexistrar outro marcador, caso de ter un pouco de sorte cos lanzamentos de Hugo. Os seus disparos nesta segunda parte estiveron a piques de entrar e cambiar o partido. Tampouco podemos considerar inxusta a vitoria coruñesa, na que destacaron o seu medio Aarón e un defensa central moi completo. Por Ferrol, salientar a solidez defensiva de Borja, o labor incansable de Javi no medio centro e a segunda parte de Hugo. En conxunto, os dous equipos ofreceron un partido de disputa, de pelexa por todos os balóns, cun fútbol intenso e rápido, sen pausas, sen tregua, na procura da vitoria.
Agora só resta o partido co combinado de Lugo, selección favorita para conseguir o pase á final deste  torneo.
Nesta mesma tarde, hai que sinalar as derrotas das outras dúas seleccións: a selección sub-17 perdeu 6-0 e a sub-15, 4 - 0.

Fran (ex-xogador do Deportivo) con Carlos Vázquez. Meicende 28-abril-2010.

Por último, comentar que entre os espectadores deste partido se encontraba o ex-xogador e capitán do Deportivo, Fran.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.