Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS. NEDA, 0 - NUMANCIA, 8
 
 

ALEVÍNS. NEDA, 0 - NUMANCIA, 8

SEGUIMOS FACENDO CAMIÑO

Segunda xornada da competición de Copa na que Numancia se impuxo con moita solvencia ao Rápido de Neda no municipal nedense. Ares, 24 de abril de 2010

R. NEDA: Bruno, Yago, Tomás, Gabriel, Alejandro, Brais, Fabián, Jose, Bruno, Manuel, Adrián e Lucas.

SDR NUMANCIA: Adrián, Nico, Óscar, Emilio, Miguel, Piñeiro, Antón, Fran M., Sergio (capitán), Pablo, Fernando e Luís-

GOLES: Piñeiro (2), Luís (2), Emilio, Sergio, Nico e Antón.

ÁRBITRO: D. Enrique Larrosa Pérez (Delegación de Ferrol)


COMENTARIO: Mañá de sábado, cedo, ás 10:00 daba comezo en Neda o segundo partido de Copa para os nosos alevíns, cun sol de xustiza e calor. Un partido sen moita historia, un monólogo do Numancia dende principio ata o fin.
 Comezou o encontro con dominio dos numantinos, que hoxe vestían de azul. Fútbol combinativo, aínda que neste período sen moita fluídez e precisión. Aínda así, foron moitas as oportunidades erradas polos aresáns na primeira metade, o que estivo a punto de aproveitar o Neda para coller vantaxe no marcador nun par de xogadas illadas que levaron perigo á meta aresá. Pero o fútbol foi xusto e Piñeiro nunha xogada individual marcou o tanto que deixaba o partido nun 0-1 a favor dos nosos ao descanso.
 Na segunda metade o Numancia elevou o ritmo da circulación de balón, tivo moitisima máis fluídez, precisión e acerto cara a portería nedense. Piñeiro noutra xogada persoal facía o 0-2. Pouco a pouco chegaron os goles que acompañaban o futbol combinativo dos aresáns, un Luís moi activo no ataque facía 2 goles, Emilio moi participativo facía o seu gol nun preciso golpeo de balón coa súa perna “mala”, tamén Sergio e Nico tiveron o seu gol en sendos lanzamentos de penalti e por último Antón nunha xogada persoal pechaba a conta poñendo a guinda á boa segunda parte numantina e deixando o resultado final en 0-8.
 En resumo, bo partido dos aresáns en Neda, onde non notaron as dúas baixas importantes coas que contaban. Todos os xogadores aportaron o seu traballo e o seu gran de area. Os de primeiro ano seguen coa súa progresión, aportando moitas cousas positivas ao equipo. Segue o Numancia na boa línea que nos ten que acompañar ata a meta que nos marque a competición de Copa.
 Dar moitos ánimos ao Rápido de Neda, un club que conta con moitos rapaces nos seus equipos alevíns, todos eles en formación. Estamos seguros que con ilusión e moito traballo conseguirán mellorar e seguir desfrutando ao máximo deste deporte.
 Pola nosa parte, a vindeira semana chega un partido difícil en As Pontes, no sempre difícil campo de O Poboado. Os nosos rapaces necesitarán a máxima concentración e o maximo esforzo para sacar adiante ese partido. Como non, necesitarán tamén todo o apoio da fiel afección numantina, que hoxe estivo en Neda e a semana que vén ten que estar en As Pontes. Polo tanto vémonos TODOS o vindeiro fin de semana en As Pontes.
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡
 
 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.