Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS. NUMANCIA, 5 - E.F.R.FERROL "D", 0.
 
 

ALEVÍNS. NUMANCIA, 5 - E.F.R.FERROL "D", 0.

SDR Numancia de Ares. Alevíns 2009-2010. Numancia 5 - E.F.R. Ferrol 0. Prados Vellos.BOA COLOCACIÓN DA PRIMEIRA PEDRA.
Primeiro partido da competición de Copa onde o Numancia superou con solvencia ao Racing de Ferrol “D” en Prados Vellos.

Prados Vellos, 17 de abril de 2010.

 

ALIÑACIÓN:
NUMANCIA: Fernando, Óscar, Piñeiro, Emilio, Fran F. (capitán), Carlos, Antón. Nico, Fran M., Sergio, Pablo e Miguel.
E.F.R. FERROL “D”: Alejandro, Fernando, Javier, Belisario, Santi, Manuel, Jacobo, Sanmartín, Paulo, Iker, Javier e Alejandro.

COLEXIADO: D. Fernando Caruncho Paz (Delegación de Ferrol)

GOLES: Carlos (2), Pablo, Miguel e Emilio.

COMENTARIO:
Tarde de venres con bochorno, sol e sombra en Prados Vellos para que o equipo do Numancia alevín iniciara a súa andadura nesta Copa Alevín.
Comezou o encontro cos dos equipos tratando de situarse no campo, con igualdade e tímidas ocasións por ambos bandos. A partires do minuto 10 o Numancia colleu o dominio do partido e comezou o asedio a portería rival, que durou ata a descanso. Avisaron os numantinos con un par de disparos, sen fortuna. Empezaba a carburar o Numancia e nunha preciosa xogada a tres toques entre Fran F., Antón e Carlos… este último foi quen de disparar a porta conseguindo o 1-0.  Sen tempo para moito mais, ó Numancia dispón dunha falta o seu favor. Xogada de estratexia ben efectuada polos aresáns que remata Carlos a gol facendo o 2-0 no minuto 15. Premio para ó traballo nos adestramentos e partido encarrilado. Posteriormente seguiu o dominio aresán onde destacamos tres ocasións claras de Miguel, dous mans a mans e un remate de cabeza a portería baleira, pero non tivo sorte de anotar neses intres. Si que o fixo Pablo noutra xogada combinativa, onde Antón disparou a porta… e Pablo moi atento colleu o rexeite do porteiro e mandou o balón ó fondo das mallas. 3-0 ó descanso, tranquilidade, satisfacción e ledicia na parroquia numantina.
Na segunda metade ó Racing intentou ir arriba. Tivo as suas ocasións nos primeiros 10 minutos, pero atopouse con expléndido e seguro Fernando, que fixo varias paradas de mérito, conseguindo manter a portería numantina a 0 neste partido. Nos últimos 10 minutos do encontro ó Numancia quería mais e volveu a coller o control do encontro. Nunha xogada combinativa longa, o balón acaba en Miguel que remata a porta facendo o 4-0, atopando por fin o premio o seu traballo neste partido. Xa co partido rematado, Emilio aproveita un contraataque para facer o 5-0 definitivo.

En resumo, moi bo partido do Numancia. Volveron as gañas, o bo xogo. Ós rapaces estiveron moi centrados, moi xenerosos cos compañeiros e moi soltos. Desfrutaron xogando ó fútbol, e cando iso sucede todos saímos contentos, independientemente do resultado. Boa maneira de comezar a competición de Copa que debe servirnos para decatarnos que cando queremos podemos, e temos que querer sempre.

Moi bo equipo o Racing de Ferrol “D”. Fiel ó estilo da escola racinguista, con bo trato de balón e xogadores de moita calidade. Un bo equipo de primeiro ano, que finalizou 5º no seu grupo da Liga e que seguramente fará un papel moi digno nesta competición de Copa. Dende aquí desexámoslle moita sorte.

Polo que respecta ó noso Numancia, esperemos continuar nesta línea, para satisfacción de todos, sen esquecer nunca que estamos nas máns e nas cabezas de 16 rapaces, eles mandan e eles poñen o seu límite. Non hai que forzalos, pero si sempre animalos e sobretodo apoialos, como onte fixo a fiel afección numantina. Seguinte parada, o vindeiro fin de semana en Neda. Quedan un mínimo de 4 partidos por diante, pola nosa parte, intentaremos facer ás cousas ben para que sea algún máis. Pola parte da afección, toca desprazarse o fin de semana que ven. ¡¡¡Vémonos TODOS en NEDA o vindeiro fin de semana. Non debe faltar ninguén nesta Copa.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.