Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS. NUMANCIA, 3 - EUME DEPORTIVO, 1. Partido Amistoso.
 
 

ALEVÍNS. NUMANCIA, 3 - EUME DEPORTIVO, 1. Partido Amistoso.

SDR Numancia de Ares. Alevíns 2009-2010. Numancia 3 - Eume 1. Prados Vellos. Amistoso.BRONCEADO PARA QUENTAR MOTORES.
Partido amistoso entre dous equipos veciños de cara a preparación da competición de Copa.


NUMANCIA: Piñeiro, Fran M., Óscar, Emilio, Carlos, Sergio, Antón. Nico, Pablo, Alexis, Luís e Miguel.

Goles: Antón, Sergio e Nico.

Árbitro: Ramón Rodríguez Martínez (colaborador do club).

Nunha tarde de venres asollada e moi calurosa, o Numancia e o Eume Deportivo dispuxeron de un partido amistoso para quentar motores de cara a Copa. Un partido marcado polo calor, que afectou ás ideas e ás forzas dos nenos, especialmente dos aresáns. A primeira metade estivo marcada polas imprecisións e o ritmo lento de xogo. Sálvamos neste período algunha boa combinación do Numancia, un precioso disparo a cruceta de Luís e algunha ocasión do Eume que solventou con acerto o porteiro accidental numantino Piñeiro. O resultado ó descanso era de 0-0.
Na segunda metade parece que os dous equipos conseguiron soltarse, o que deparou un encontro mais entretido, con mais acertos pero tamén con despistes defensivos. Nun deses despistes ó Eume adiantábase no marcador, aproveitando un xogador visitante un man a man co porteiro numantino. Este gol “enfadou” ó noso equipo, e nos últimos 10 minutos espertaron e ofreceron a sua mellor versión. Un xogo rápido, preciso e vistoso que serviu para gañar o encontro. Os dous primeiros goles chegaron en xogadas combinativas moi ben finalizadas por Antón e Sergio, e o último gol chegou nunha xogada de estratexia rematada por un atento Nico no segundo palo. Con esta acción rematou o encontro co resultado coñecido de 3-1.
En resumo, aceptable partido amistoso ante un bo rival como ó Eume. No aspecto negativo, a confusión dos nenos co bo tempo, o cal relacionaron con xogar tranquilos, poñerse morenos e impresionar ás nenas con “taconcitos” e “regatitos”. No aspecto positivo ós últimos dez minutos do encontro onde os rapaces colleron o mono de traballo e demostraron que saben xogar en equipo, facendo xogadas bonitas ademais de efectivas, as cales nos teñen acostumados. Esperemos que soamente fora cuestion da primavera, que a sangue altera, e a partires de agora os rapaces regresen das nubes e afronten a competición de Copa coa competividade e ilusión que demostraron na Liga.
Destacar neste partido a Carlos Piñeiro, sempre disposto a axudar ó equipo, esta vez ofreceuse con ilusión para actuar de porteiro, ante a ausencia dos nosos gardarredes. Bo xesto, ademais da súa boa actuación na portería.
Agradecer ó Eume Deportivo a súa total disponibilidade para desputar este encontro amistoso, e desexarlle toda a sorte do mundo na competición de Copa. Tamén agradecer a Ramón pola sua perfecta arbitraxe, asegurando o aprendizaxe e o bo comportamento dos rapaces.
A vindeira semana os 36 equipos de alevíns comezan a competición de Copa, repartidos en 6 grupos de 6 equipos. Clasificanse para os cuartos de final os 6 campións de grupo, e os dous mellores segundos. Polo que respecta ó Numancia, comezaremos na casa ante o Racing de Ferrol “D, posteriormente visitaremos o Rápido de Neda e o As Pontes. Finalmente recibiremos na casa ó Ánimas, para terminar a fase de grupos en Perlío. Unha competición de Copa que ó Numancia afronta con moita ilusión, co único obxectivo de seguir progresando, pero coa ilusión de que se poden ser 8 partidos en vez de 5 pois moito mellor. Estamos en mans de un grupo de rapaces que se poñen a actitude correcta, seguen desfrutando no campo e teñen un pouco de sorte, estou seguro de que recibirán algun premio. Estos rapaces necesitan o apoio de todos, adestradores, directiva, pais e nais e da afección numantina para seguir desfrutando deste precioso deporte. Polo tanto quedamos todos emprazados para o vindeiro venres as 18:00 en Prados Vellos no que o Numancia enfróntase o Racing “D” no primeiro encontro desta ilusionante competición de Copa. Xa sábedes que non pode faltar ninguén, agora non hai excusas do frío, a choiva, nin os madrugóns. Todos estaremos en Prados Vellos a vindeira fin de semana. ¡¡¡Vémonos o venres as 18:00 en Prados Vellos¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.