Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS. NUMANCIA, 1 - MEIRÁS, 1
 
 

ALEVÍNS. NUMANCIA, 1 - MEIRÁS, 1

MANS ARRIBA, ISTO É… ¡¡¡UN PARTIDAZO¡¡¡

Partido aprazado no seu día polo temporal Cintya e que serviu para poñer fin á liga alevín 2009/2010.

 

Ares, 20 de marzo de 2010

NUMANCIA: Fernando, Óscar, Piñeiro, Emilio, Antón, Carlos, Sergio, Nico, David, Pablo, Alexis e Luís.

MEIRÁS CF : Mario, Santiago, Muriel, Óscar, Álvaro, Fran, Miguel, Mario, Kevin e Borja

Goles: Sergio polo Numancia e Mario no Meirás.

Árbitro: D. Fernando Caruncho Paz (Delegación de Ferrol)

COMENTARIO: Mañá de sábado con nubes e algo de orballo. A choiva deu unha tregua para poder desfrutar do último partido do inverno. Antes do encontro o Numancia fíxolle o “pasillo” ao campión de liga. Un partido bonito entre o campión de Liga, o Meirás, e o subcampeón, o Numancia. Certo é que ningún dos dous equipos contaban co seu plantel ao completo pero o encontro non defraudou ao númeroso público que asistiu a Prados Vellos.
 Comezou o encontro con dous equipos xogando moi ben o balón, intentando atopar espazos ou combinacións válidas para superar ás defensas rivais. Unha batalla de xogo con balón, digna de apreciar, onde ambos equipos conseguiron superar ás defensas en varias ocasións, con xogos bonitos, atopando situacións inmellorables para conseguir o gol, pero o acerto dos porteiros estivo por encima dos ataques nesta primeira metade, que polo tanto quedou cun marcador de 0-0 no periodo intermedio.
 Na segunda metade o Numancia saíu decidido a pola vitoria, tendo variás ocasións de gol para adiantarse no marcador. Iso propiciu espazos libres para o Meiras que en varios contraataques levou perigo á portería local, moi ben defendida no día de hoxe por Fernando. Esa era a situación de partido, cando nunha xogada de ataque numantino, o balón queda morto na área para Sergio, que controla e prepara de forma excelente un disparo que acaba nas redes da portería do Meirás, conseguindo o 1 - 0 a falta de 15 minutos para a final. Ese gol despistou ao Meirás, o que aproveitou o Numancia para dominar o xogo e achegarse á meta visitante. Nunha desas internadas, Carlos queda dentro da área nunha posición inmellorable para facer gol, diante do porteiro. Tras controlar o balón, a perna dun xogador do Meirás impacta na de Carlos, facendo que perda o balón nunha acción na que o colexiado non observou penalti, ante a sorpresa xeralizada. Foi unha xogada clave do encontro xa que a falta de 10 minutos podía supoñer o 2-0 no marcador. Isto afectou aos locais pasando o Meirás a ter o dominio do xogo. Nunha internada por banda de Mario este dispara a gol, o balón tras rebotar nun xogador aresán, entra na portería local supoñendo o empate a 1 gol a falta de 5 minutos para o final. De aí ata o remate, o partido endureceuse un pouco debido tamén ás condutas externas totalmente inapropiadas, das que ós nenos se contaxian. ¡¡¡Algún día levarémonos ás mans á cabeza¡¡¡ Moita vontade por parte dos dous equipos para conseguir a vitoria pero finalmente o encontro terminou con 1-1, un empate nun partido precioso entre os dous mellores equipos desta liga alevín grupo II, cando menos, así o reflexa a táboa clasificatoria.
 En resumo, gran partido de alevíns, intenso, bonito, emocionante, dos que fan afección, unicamente algo ensombrecido por factores externos, algúns incontrolables e outros totalmente controlables. ¡¡¡Esta vez os nenos gañaron a algúns maiores cunha goleada de escándalo¡¡¡
 Felicitar ao Meirás CF polo seu campionato de Liga, xa que cando menos no aspecto deportivo e estrictamente futbolístico demostraron ser os mellores nesta competición.
 Pola parte do Numancia, xa festexábamos a fin de semana pasada o subcampionato. Hoxe os rapaces fixeron un partido digno duns subcampións de liga. Entrega, bo xogo, seriedade, atrevemento… pero ás veces isto non chega para gañar no fútbol. Non pasa nada, ¡¡¡”que nos quiten o bailado”¡¡¡, esta liga foi unha experiencia marabillosa para un grupo de 16 rapaces que adestran moi ben, un grupo formidable que estou seguro que terán un premio aínda maior esta tempada. ¡¡¡Non será porque non o merecen¡¡¡
 Dende aquí, agradecer a toda a afección numantina o seu apoio nesta Liga. En especial aos pais, que neste inverno duro acompañaron ao equipo a todos os desprazamentos e aos partidos de casa. Hoxe a sorpresa non foi moi vistosa debido aos acontecementos, pero o agradecemento polo voso apoio e compromiso ao longo da tempada, haberá que celebralo dalgunha maneira ao final da mesma.
 Agora toca descansar no aspecto competitivo. Última semana de adestramento antes das vacacións de Semana Santa. Á volta da mesma, seguiremos coa posta a punto do equipo para a competición de Copa. Pero iso xa será outra historia, ¡¡¡GRAZAS A TODOS¡¡¡ é ¡¡¡ATA A PRÓXIMA¡¡¡

 ¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Jorge
 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.