Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS. R. S. PEDRO, 0 - NUMANCIA, 4
 
 

ALEVÍNS. R. S. PEDRO, 0 - NUMANCIA, 4

SDR Numancia de Ares. Alevíns 2009-2010. R. S. Pedro 0 - Numancia 4. A Gándara-3.Golpe de autoridade con bo xogo.

 

 

 

R. SAN PEDRO: Manuel, Jesús, Enrique, Rodolfo, Sergio, Borja, Carlos, Iván, Andrés, Cristian e Samuel.
SDR NUMANCIA: Adrián, Fran M., Óscar, Emilio, Fran F. (capitán), Antón, Sergio, Fernando, Piñeiro, Carlos, Miguel e Luís.

GOLES: Fran F., Carlos (2), Emilio.

ÁRBITRO: D. Manuel Bejarano Estepa (Delegación de Ferrol)

Antepenúltima xornada de liga onde o Numancia derrotou con claridade ao Racing San Pedro, no seu último partido como visitante nesta liga.
Despois do parón futbolístico provocado pola nosa amiga, a borrasca Cynthia o Numancia alevín volveu a competición ligueira da mellor maneira posible. Nunha noite fría nas instalacións da Gándara en Ferrol e con visita da irmá pequena de Cynthia, xa que facía moito vento o Numancia derrotou o Racing San Pedro.
Comezou o partido con dominio territorial do San Pedro, xa que con balóns longos favorecidos polo vento acercábase a meta numantina, aínda que sen excesivo perigo para o noso porteiro Adrián. Esa situación de partido provocou que o Numancia non se sentira cómodo no campo nos 10 primeiros minutos. Pero nese minuto 10 trocou por completo o partido. O Numancia foi quen de baixar o balón, de impoñer a sua lei de xogo e iso xa se reflexaba en varias xogadas combinativas que levaban perigo a portería local. E de tanto insistir, no minuto 15 un bo centro dende a banda e despexado pola defensa ferrolá, pero o rexeite o colle Fran F. ó borde da área lanzando un mísil imparable para o gardarredes local, conseguindo o 0-1 para ó Numancia. De ahí o final da primeira metade dominio do Numancia con algunha que outra ocasión na que os erros dos xogadores aresás e o bo facer do porteiro do Racing San Pedro evitaron que os numantinos chegarán o descanso cunha vantaxe mais amplia no marcador.
Na segunda metade os ferroláns parecían decididos a reaccionar. Pero nun roubo de balón dos aresáns, Carlos intérnase na área entre dous rivais e cae o chan. O colexiado observa que esa caída e a consecuencia dun derrubamento por parte dun xogador local a Carlos, polo que sinala un dubidoso penalty, favorecento neste caso ós intereses numantinos. Penalty transformado por Carlos conseguindo ó 0-2 no minuto 5 da segunda metade. O Racing San Pedro non acusa ó golpe e lánzase con decisión ó ataque. Non tiveron sorte nese plantexamento xa que non conseguiron poñer en perigo ó noso porteiro Fernando e ademais ó Numancia aproveitou os espacios que deixaron os locais e nun balón as costas dos defensas ferroláns, Carlos queda so contra o porteiro e non erra no seu tiro, conseguindo o 0-3 no minuto 10 da segunda metade. Nese momento o partido  rompeuse. Dende ese momento, vimos un partido de ida e volta divertido para ó espectador. O Racing San Pedro intentaba chegar a portería numantina pero eran moi ben parados polos nosos defensas. O Numancia aproveitaba os espacios e tivo numerosas ocasións para ampliar o marcador. Con fútbol bonito e de toque eran moitas as veces que os aresáns chegaban con perigo a portería local. Pero soamente nunha ocasión, nunha preciosa xogada que se inicia dende a defensa, pasa polo centro do campo onde se produce unha apertura á banda, o interior esquerdo centra, o dianteiro entra ó remate na área, non chega, pero tamén chegaba por alí o interior dereito Emilio quen remata e consigue o 0-4 nun dos mellores goles da tempada do Numancia, non pola súa espectacularidade pero si pola sua preciosidade, o fútbol imposto polos aresáns reflexado nun fermoso gol. De ahí en adiante segueu o partido na mesma tónica, rematando co resultado xa coñecido de 0-4.

En resumo, moi bo partido do Numancia sabendo estar no partido nuns primeiros minutos difíciles. Impoñendo o seu xogo nos minutos restantes, tendo momentos de fútbol precioso, do mellor da tempada pese a dificultade das condiciós meteorolóxicas. Entregándose a tope, xa que non hai partido que se gañe sen correr. Non acostumo a destacar a ninguén nos partidos, pero esta vez considero xusto e necesario destacar o papel dos defensas, Óscar, Piñeiro e Fran M. que fixeron forte o equipo dende atrás, cubrindo excepcionalmente ós dous dianteiros do Racing San Pedro e aguantando como campións na defensa. Traballo que non luce tanto como ó do resto do equipo, pero igual ou quizáis mais importante.

Importante tamén o papel da afección neste partido, loitando co frío vento ferrolá e alentando ó equipo de principio a fin. Bo papel tamén das recollepelotas aresáns, que atoparon nesta actividade unha boa maneira de combatir o frío.

E de xustiza tamén felicitar o Racing San Pedro pola sua deportividade e bo trato ó Numancia. Un equipo con bos xogadores e sobretodo con moita ilusión, o que dende aquí desexámoslle moita sorte no que queda de liga e na competición de Copa.

En canto ó Numancia decir que foi unha xornada redonda. O Racing “C” empatou en Caranza, e ós nosos gañaron. Eso fai que o Numancia volva ó segundo posto superando nun punto o Racing “C”. Quedan dúas xornadas, Racing “E” e Meirás en Ares para ó Numancia. Visita a Ortigueira e Amistade na Malata para o Racing “C”. Están ás espadas en todo ó alto nos próximos quince días para conquerir o subcampeonato, nunha “loita” onde o máis importante de todo é que o Numancia depende de si mesmo.
 Aproveito esta semana, na que fago a crónica coñecendo xa ós resultados de todas as categorías do Numancia, para felicitar a toda entidade xa que esta semana tivemos case pleno de victorias, dende as categorías de fútbol-7; onde hai que lembrar que o resultado e algo anecdótico; ata o equipo de maiores. Felicitar especialmente o conxunto dos xuvenís que conseguiron unha victoria importante e merecida en Cerdido ante o Cebarca, que estou seguro será a primeira de moitas de aquí en adiante. Dar moito ánimo ó equipo infantil, xa que nesta xornada perderon en Ortigueira, pero tamén estou seguro de que foi unha mala tarde e poderán recuperarse para facer algo bonito na competición de copa na que están inmersos. ¡¡¡Ánimo a todos¡¡¡

Retomando ó noso, os alevíns, quedan dous partidos de liga en Ares nos que ninguen pode faltar. O subcampionato está en xogo e todos temos que poñer o noso apoio para conseguilo. Próxima cita sábado ás 11 da mañá ante o Racing “E”, partido no que esperamos facer un bo xogo e agradar a nosa afección. Polo tanto, vémonos TODOS o sábado ás 11 da mañá en Prados Vellos e coma sempre… ¡¡¡pasaremos lista¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.