ALEVÍNS. G. CARANZA B, 1 - NUMANCIA,3

SDR NUMANCIA. ALEVÍNS. CARANZA B, 1 - NUMANCIA, 3. FEBREIRO 2010VITORIA CON TRABALLO E CALIDADE.
Partido onde o Numancia volvía a xogar nas tardes dos venres, conseguindo en Caranza unha importante vitoria ante o 4º clasificado.

Ares, 6 de febreiro de 2010
ALINEACIÓNS.
G. CARANZA “B”: Francisco, Alejandro, Edgar, Daniel, Rubén, Marcos, Adam, Raúl, José, Diego, Cristian e Martins.

 

NUMANCIA: Fernando, Óscar, Piñeiro, Emilio, Fran F., Carlos (capitán), Antón. Fran M., Alexis, Pablo, Sergio e miguel.

Goles: Carlos (2) e Fran F.

Árbitro: D. Enrique Larrosa Pérez (Delegación de Ferrol)

COMENTARIO:
Tarde de venres que nos recibía con nubes negras no centro médico, con moita choiva de camiño a Caranza e con sol á nosa chegada á cidade departamental. Como ven, tempo revolto para disputar un importante partido entre o 4º e o 2º clasificado. Un partido bonito nas inmellorables instalacións de Javier Gómez Noya.
 Comezou o partido moi igualado. Esa foi a tónica da primeira metade. Moito empuxe por parte dos locais, contrarrestando o Numancia ese empuxe coa posesión de balón. Despois dunha fase de centrocampismo, parecía que o Caranza levaba perigo á portería moi ben defendida por Fernando a través de disparos lonxanos. O Numancia aproveitaba o espazo que deixaban os locais para facer contraataques que levaron o equipo numantino a ter dúas boas ocasións de gol. Nos últimos 5 minutos, e nunha desas contras, Miguel colleu un balón no mediocampo, xirouse e deu unha asistencia maxistral a Carlos que controlou o balón e colocouno lonxe do alcance do porteiro local. 0-1 no minuto 20. Pero iso non era todo o que os nosos rapaces nos tiñan preparado. Froito da presión numantina en campo contrario, nun saque de meta efectuado polo porteiro local, Carlos anticípase rapidamente aos defensas e dispara colocando 0-2 co que se chegou o descanso.

 Na segunda metade o Numancia co resultado a favor xogou moito máis tranquilo. Posesión do balón, boas combinacións, internadas por bandas e balóns aos dianteiros que tiñan que ser parados continuamente con falta polos defensas locais. Nunha desas faltas favorables ao Numancia, Fran F. coa súa luva puxo o balón na escuadra e aínda que o porteiro local foi quen de atallar o balón, o colexiado concedeu o gol considerando que o esférico traspasara completamente a línea de gol. Polo tanto, 0-3 a 15 minutos para o final. Seguiu o dominio numantino, Antón e Carlos lanzaron dúas novas faltas que os defensas do Caranza tiñeron que facer continuamente para frear aos nosos xogadores. Nesta ocasión, o bo porteiro dos ferroláns fixo dúas boas intervencións a sendos disparos dos numantinos.
A falta de 8 minutos para o final, Piñeiro comete un penalti de libro sobre un xogador local. Penali transformado polos ferroláns, colocando o 1-3 no marcar. Nestes minutos de desconcerto aresán, o colexiado sinala unha  cesión tan evidente como innecesaria en contra dos numantinos, que por sorte a barreira numantina é quen de desviar o lanzamento do Galicia.
 Nos derradeiros 5 minutos de partido, un Galicia de Caranza volcado e moi ben parado polo Numancia. E máis, dous contraataques claros do Numancia deixan a Antón man a man co porteiro ferrolán, nunha ocasión erra no remate e noutra e derrubado polo porteiro local, nunha xogada na que o colexiado non observou infracción. No último minuto os locais lanzaron unha falta sen consecuencias, e despois dese disparo finalizaba o encontro.
En resumo, vitoria moi importante do Numancia no campo de Caranza, a base de moita intensidade, dun excelente traballo defensivo ( na segunda volta o Numancia non encaixou ningún gol de xogada), do bo xogo combinativo e da calidade e boa definición nos últimos metros do campo. Felicitar aos 16 xogadores do plantel, en especial aos 12 campións que loitaron contra o Caranza, contra o vento e a choiva e fixeron todos (o que menos xogou fíxoo 16 minutos) un bo partido, onde a súa entrega foi máxima. Agradecer tamén o apoio do grupo de pais e nais sofridores e alentadores (ás veces en exceso), que hoxe foi mais numeroso que de costume e tiverón moito que ver tamén na entrega máxima dos seus nenos e nesta importante vitoria numantina.

Felicitar tamén ao Galicia de Caranza “B”, xa que a pesares de ser todos xogadores de 1º ano teñen un bloque excepcional, sendo un dos equipos do grupo que mellor tratan o balón, xunto cos numantinos e o Racing de Ferrol “C”.

 Quedan agora 5 xornadas para o remate da liga. Para os amantes das estadísticas, o Meirás é virtualmente campión. Queda unha loita polo subcampionato entre o Numancia e o Racing “C” empatados a puntos, co golaverage favorable aos aresáns. Non hai que descartar para o segundo posto ao San Sadurniño, Galicia de Caranza e Ortigueira, que aínda teñen opcións. En definitiva, 5 xornadas bonitas para desfrutar do fútbol alevín, desexando que mellore o tempo e que vaia chegando pouco a pouco a primavera.

O vindeiro sábado ás 11 da mañá o Numancia recibirá en Prados Vellos o sempre competitivo equipo do C.D. As Pontes. O equipo aresán precisa do apoio de toda a afición numantina para seguir na boa línea ata final de tempada. Polo tanto vémonos TODOS sen falta, o vindeiro sábado en Prados Vellos.


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.