Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS. NUMANCIA, 7 - AMISTADE M., 0
 
 

ALEVÍNS. NUMANCIA, 7 - AMISTADE M., 0

SDR NUMANCIA. ALEVÍNS: NUMANCIA, 7 - AMISTADE M. 0. XANEIRO 2010VITORIA CÓMODA E RELAXANTE.

Quinta xornada da segunda volta onde o Numancia derrotou con facilidade ao Amistade de Meirás en Prados Vellos.

 

Ares, 30 de xaneiro de 2010

ALINEACIÓNS:

NUMANCIA: Fernando, Óscar, Piñeiro, Emilio, Fran F (capitán-9. Carlos, Antón. Nico, Alexis, Pablo e Luís.

AMISTADE : Luís, Samuel, Juan, Montero, Raúl. Pablo, Imanol, Alex e Aaron.

Goles: Carlos (3), Antón (3) e Luís.

Árbitro: D. Roberto J. Landrove Sande (Delegación de Ferrol)

COMENTARIO: Mañá de sábado con choiva que nos acompañou durante todo o encontro. O Numancia presentábase a este encontro con once xogadores, debido ás baixas por enfermidades e lesións durante a semana, o que fixo que o nivel de competivividade do equipo e a intensidade dos adestramentos baixara esta semana.
 Comezou o encontro co equipo aresán moi metido e que saíu a por todas. 5 minutos inmellorables do Numancia onde colocaron un 4-0 no marcador nese tempo. A conexión entre Fran F., Carlos e Antón foi mortífera para o rival acompañada do bo traballo de todo equipo. Co partido encarrilado neses primeiros 10 minutos de encontro, o Numancia moveu o banquillo entrando 4 novos xogadores ao campo. Nese período o partido entrou nunha fase de centrocampismo e loita. Nos últimos minutos da primeira metade o equipo local recuperou a fluídez do xogo anotando Antón un bo gol de disparo lonxano tras unha boa asistencia de Nico coa cabeza. Co resultado de 5-0 chegouse ao descanso.

A segunda metade foi máis equilibrada que a primeira, con tímidas ocasións de gol para os dous equipos. Ó Numancia tivo momentos de boas combinacións e bo xogo, xogando a maioria do tempo con xogadores de primeiro ano. Nesta segunda metade Antón e Luís redondearon o marcador en sendas xogadas individuais. Puido haber máis goles por parte de os dous equipos, pero o resultado final quedou nun 7-0 favorable aos aresáns.

En resumo, partido que asegurou nos primeiros minutos o Numancia. Esta vez os xogadores aresáns estiveron máis imprecisos nos pases e controis, en cambio estiveron moito máis acertados de cara á porta que en anteriores partidos e seguiron coa mesma seriedade defensiva, o que propiciou que a porta numantina quedara a 0 por segunda vez nesta tempada. En canto á intensidade, foi boa, aínda que baixou un pouco nalgúns momentos do partido debido á tranquilidade do resultado.

Esta vitoria o equipo alevín do Numancia a quere dedicar a D. Benigno Hermida “Ramón” directivo do club tristemente finado esta semana; así como tamén ao noso porteiro Adrián que sufriu unha lesión na man estes días pasados a cal obrígalle a coller unhas pequenas vacacións futbolísticas. Polo tanto esta vitoria vai por volos dous.

Animar ao Amistade Meirás a seguir loitando con forza nesta tempada, xa que ten xogadores con calidade e garra para poñer en apuros a calquera dos equipos da categoría.

En canto ao Numancia, semana para recuperar efectivos e adestrar con moitas ganas para preparar o vindeiro partido ante o G. Caranza como visitantes, un partido na parte alta da clasificación ante un rival difícil, que a bo seguro obrigaranos a facer o noso mellor xogo, afrontar o partido con moita intensidade e concentración e ofrecer a nosa mellor cara.

Polo tanto, a semana que vén en Caranza necesitamos o apoio de toda a fiel afección numantina un partido bonito e decisivo nos postos altos da clasificación. Vémonos TODOS a vindeira fin de semana en CARANZA. ¡¡¡Non pode faltar ninguén, xa que pasaremos lista¡¡¡


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.