Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS. SAN SADURNIÑO, 1 - NUMANCIA, 1
 
 

ALEVÍNS. SAN SADURNIÑO, 1 - NUMANCIA, 1

SDR NUMANCIA. ALEVÍNS. SAN SADURNIÑO, 1 - NUMANCIA, 1. XANEIRO 2010¡¡¡QUE PENA, PENITA, PENA¡¡¡
Cuarto partido da segunda volta onde o Numancia acadou un valioso punto no difícil campo da Piscina, en San Sadurniño.

Ares, 23 de xaneiro de 2010
ALINEACIÓNS:
SANSA: Diego, Alexis, Alberto, Marcos, Carlos, Martín, David, Miguel, Mario e Alberto.
NUMANCIA: Adrián, Emilio, Piñeiro, Antón, Fran F (capitán)., Carlos, Sergio. Nando, David, Óscar, Pablo e Miguel.

Goles: Carlos.

Árbitro: D. Brais Ferreiro Vérez (Delegación de Ferrol)

COMENTARIO:
Mañá de sábado cuberta que nos recibía no centro médico. Excursión organizada a San Sadurniño que nos ía levar a desfrutar dun partido interesante de fútbol alevín, o cal non defraudou. Partido entre dous equipos da parte alta, nun precioso escenario cun campo que aguantou ben as choivas, podendo os dous equipos amosar todo o seu potencial encima dunha alfombra mollada.
 Comezou o encontro cun Numancia dominador, esa foi a tónica da primeira metade, o Numancia movendo o balón con moita cabeza, combinando e chegando á portería local mediante accións individuais, paredes e internadas por banda. O equipo local nesa primeira metade estivo algo rezagado intentando coller o equipo aresán nunha contra, por medio do seu rápido e hábil dianteiro David. Neste intercambio de estilos na primeira metade resultou vencedor o Numancia, que só puido aproveitar unha das numerosas ocasións das que dispuxo, anotando Carlos o 0-1, resultado co que se chegaría ao descanso.
 Na segunda metade cambiou o guión por completo nos primeiros minutos. Un San Sadurniño que saiu a por todas, con máis empuxe que xogo, pero que puxo en serios aprietos a defensa numantina. Os aresán intentaban sacudirse o dominio local, saíndo á contra pero non era posible. Froito dese dominio do Sansa e nunha falta, o equipo local centra un balón que a defensa numantina non é quen de despexar, en cambio aparece un xogador local que fai o 1-1 no marcador. Ese tanto parece que espabilou aos nosos xogadores xa que como vén sendo habitual, os últimos 10 minutos do encontro foron un acoso e derribo por parte do Numancia á porteria contraria. No fútbol dise que non existe a xustiza, senón que a xustiza a dictaminan os resultados. Tamén se di que o que perdoa o termina pagando, e hoxe esas dúas frases cumpríronse na súa expresión máis cruel. Últimos 10 minutos cun Numancia creando ocasións de gol a través de todas as maneiras posibles. Combinacións, internadas por banda, pases longos, accións individuais. Foron 5 ou 6 ocasións claras de gol nestes últimos 10 minutos, por exemplo unha volea de Sergio directa á escuadra que sacou uns do mellores porteiros da categoría, o do Sansa a córner. Un man a man de Antón co porteiro no que o balón sae fóra por moi pouco. Entre medias unha contra do Sansa convérsese nunha falta perigosa para a meta de Fernando que felizmente é despexada a córner pola barreira aresá.
 Pero o máis incrible estaba por vir. Ultimos segundos do partido, balón solto que recolle Carlos no mediocampo, avanza entre os contrarios, axusta o balón moi ben ante a saída do porteiro, o balón peta no pao esquerdo da portería local e pasease por enriba da línea de gol, ata que é atrapado polo porteiro local. Final do partido. ¡¡¡Vaia maneira de acabar un partido, co mel nos labios, pero coa satisfacción do gran partido realizado¡¡¡ Díxome a nai dun dos xogadores do Sansa ao finalizar o encontro “Moita sorte tivemos” Penso que estas palabras son a mellor análise do partido.
 En resumo, partido controlado maioritariamente polo Numancia, pero que non se pode escapar da maneira que se escapou, con outro despiste defensivo… que nos custa outros 2 puntos. Iso é o único negativo deste equipo, xa que o xogo combinativo cada día é mellor, a solidez defensiva e a contundencia do equipo vais a máis, o bo grupo humano, o reparto de minutos e a masiva asistencia aos adestramentos é o máis importante de todo. En canto aos resultados, seguimos dependendo de nós mesmos para rematar a liga en segundo lugar.
 Felicitar ao San Sadurniño, polo fenomenal trato dispensado ao Numancia, polas magníficas instalacións que teñen e polo bo equipo alevín do que dispón, con varios xogadores que darán moito que falar nos ambientes futbolísticos nun futuro non moi lonxano.
En canto ao Numancia, próximo partido a vindeiro fin de semana en Ares ante o Amistade Meirás. Un conxunto que non nos poñerá as cousas nada sinxelas e que loitara cada balón como se fose o último das nosas vidas. Nós intentaremos seguir nesta línea de bo xogo, pero sobretodo seguir desfrutando deste fenómeno social chamado fútbol. Polo tanto, vémonos TODOS a vindeira fin de semana en Prados Vellos.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡
 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.